Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela

A USC organiza por primeira vez en España un congreso sobre xeración de linguaxe

Citius 20170714_103727 slide_r

Table of Contents

Toggle
  • Compostela, 5 de setembro do 2017 – O reitor Juan Viaño preside hoxe a inauguración da décima edición do Congreso Internacional INLG (International Natural Language Generation), considerado o primeiro congreso mundial no campo da xeración de linguaxe e que por vez primeira se celebrará en España.
    • Dos informes de actividade aos robots xornalistas

Compostela, 5 de setembro do 2017 – O reitor Juan Viaño preside hoxe a inauguración da décima edición do Congreso Internacional INLG (International Natural Language Generation), considerado o primeiro congreso mundial no campo da xeración de linguaxe e que por vez primeira se celebrará en España.

No encontro danse cita representacións de xigantes tecnolóxicos como Microsoft, eBay ou IBM, ademais de cen inscricións de 20 países de catro continentes cun alto porcentaxe de participantes procedentes do sector empresarial. A xeración de linguaxe natural é unha técnica de intelixencia artificial de máxima actualidade máis coñecida polas súas siglas en inglés (NLG).

Na xornada inaugural no Salón de Actos da Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Santiago (ETSE), intervirán ademais Ángel Morales, da Association of Computational Linguistics e do Special Interesy Group on Natural Language Generation (SIGGEN); Ehud Reiter, do comité organizador; e o director do CiTIUS, Paulo Félix Lamas, entre outros.

A organización deste evento, que tamén inclúe o principal encontro europeo do sector, corre a cargo do Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías da Información da USC (CiTIUS), poñendo o broche a un verán cunha abundante actividade de encontros científicos de primeira magnitude entre os que se atopan dúas escolas de verán en intelixencia artificial e o congreso internacional Euro-Par 2017, este último un referente europeo en computación paralela e distribuída.

Dos informes de actividade aos robots xornalistas

As técnicas empregadas no ámbito da NLG confirman a capacidade das máquinas para desenvolver de xeito “non supervisado” distintas tarefas tradicionalmente reservadas ao ser humano. A modo de exemplo, os promotores do encontro explican que a xeración de textos gramaticalmente correctos a partir de datos numérico-simbólico “é xa unha realidade en moitos casos inapreciables para o lector”. Neste senso engaden que ámbitos de alto impacto social, como a meteoroloxía ou a xeración automática de noticias en prensa a partir de datos e cifras, contan xa con tecnoloxía en pleno funcionamento para a optimización dos recursos. 

Tendo en conta que un dos principais retos que se presentan na actualidade a nivel científico é a xestión da gran cantidade de datos xerados diariamente, INLG2017 servirá de punto de encontro para presentar os últimos avances nunha área especialmente atractiva para as empresas, por tratarse dun mercado emerxente que move millóns de euros a nivel mundial.

Entre os asistentes destacados atópanse o profesor Ehud Reiter, catedrático de Linguística Computacional na Universidad de Aberdeen (Escocia) e pioneiro en NLG. Reiter é tamén fundador dunha das principais empresas neste eido, a compañía ARRIA NLG, un dos patrocinadores da presente edición xunto a Accenture e Phrasee.

Ademais, o congreso contará tamén coa presencia de dous relatores invitados: Frank Schilder, de Thomson Reuters; e Gemma Boleda (Universidad Pompeu Fabra), una investigadora do programa Ramón y Cajal que atesora xa un prometedor currículo (más de 900 citas acumuladas polos seus traballos científicos), e á que o Consello Europeo de Investigación acaba de conceder unha das prestixiosas axudas ERC Starting Grant.

Entre o resto dos asistentes cabe destacar á investigadora Claire Gardent, do CNRS (Centro Nacional en Francia para a Investigación Científica, polas súas siglas en francés) e ao investigador posdoctoral do CiTIUS Alejandro Ramos, recoñecido polo seu traballo GALiWeather con distintos premios a nivel nacional e internacional, entre os que destaca o Premio de investigación 2017 da Fundación BBVA.

Post navigation

Previous: Terras de Compostela organiza un curso de Emprendemento en A Baña
Next: Este venres continúa en Silleda o ciclo de cinema galego con O Apóstolo

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Baltar será unha das figuras protagonistas no Museo do Pobo en setembro
4 minutes read
  • Axenda

Programación de setembro no Museo do Pobo Galego

Goreti-Sanmartin-alcaldesa-de-Santiago-normal-30-xunho-2023_6543_r
4 minutes read
  • Compostela

Municipais 2027: Goretti Sanmartín, alcaldesa de Santiago

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.