Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Compostela
  • Xeral

A Bioeconomía protagonista en Compostela

Hoxe e mañá a Universidade de Compostela acolle a XXIV edición do congreso mundial BIOECON, dedicado á Bioeconomía,  de carácter anual e rotatorio.
usc-foro-bioeconomia-slide-30-agosto-2023_r

Compostela, 31 de agosto do 2023 – Hoxe e mañá a Universidade de Compostela acolle a XXIV edición do congreso mundial BIOECON, dedicado á Bioeconomía,  de carácter anual e rotatorio.

É a primeira vez que o BIOECON se celebra en Compostela. Un encontro que reúne a comunidade científica e académica experta en Bioeconomía e que converterá a cidade en capital mundial do debate arredor da xestión sustentable en múltiples áreas como os recursos mariños, forestais ou enerxías renovables, entre outras.

O evento, cun comité local presidido pola catedrática da USC María Loureiro, reunirá preto dun cento de participantes, con persoal investigador procedente de países como Alemaña, China, España, Francia, India, Israel, Italia, Noruega, Reino Unido ou Xapón, entre outros.

Baixo o lema ‘Biodiversidade e Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable’, este congreso a prol da xestión sostible dos recursos naturais e ambientais ten como obxectivo común e compartido a busca dunha conexión harmónica entre a economía e o uso dos recursos, e conta co apoio de ECOBAS, o centro galego de investigación en sustentabilidade.

Expertos en Bioeconomía de prestixio internacional

A XXIV Edición da BIOECON conta coa participación de figuras convidadas de primeira orde, referencias internacionais no eido da xestión dos recursos forestais e dos recursos mariños.

A profesora Erin Sills, da Universidade de Carolina do Norte, abre hoxe o programa, cunha sesión plenaria na que ofrecerá a súa visión sobre xestión forestal e sobre a crecente deforestación nalgúns países do mundo, así como os resultados de distintas políticas desenvolvidas a nivel mundial para evitala ou reducila.

Na segunda xornada do congreso, mañá 1 de setembro, o profesor Rashid Sumaila da Universidade British Columbia impartirá ás 9.30 horas unha conferencia maxistral sobre a necesidade de introducir criterios de sustentabilidade na xestión dos océanos.

A XXIV Edición da BIOECON terá lugar na Hospedería San Martin Pinario e o programa completo está dispoñible na web do congreso.

Sobre ECOBAS

ECOBAS é un centro de investigación interuniversitario que aspira a ser referente internacional no eido da sustentabilidade económica, ambiental e social. Integrado por 84 académicas e académicos das tres universidades galegas, o centro traballa para dar resposta aos grandes retos e desafíos da sociedade mediante a investigación de excelencia, a docencia, a divulgación e a transferencia de coñecemento

Post navigation

Previous: XXII Festival Agustín Magán de teatro amador
Next: A Xunta mellorará a ponte de Brates en Frades

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.