Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Buratos negros e viaxes no tempo explicados por un Premio Nobel

USC BURATPS NEGROS E VIAXES NO TEMPO SLIDE 22 ABRIL 2025

A USC organiza a conferencia “’Explorando o lado curvado do noso universo” que impartirá o Premio Nobel de Física 2017 Kip S. Thorne.

Un dos programas de divulgación máis interesantes da Universidade de Santiago de Compostela é o denominado ConCiencia. O nivel dos seus relatores está fora de toda cuestión e boa mostra é o seguinte: Kip S. Thorne, Premio Nobel de Física 2017.

O 9 de maio, ás 19.30 horas, no Salón de Actos da Facultade de Medicina e Odontoloxía, falará de algo que sempre excita a imaxinación; a charla levará por título “’Explorando o lado curvado do noso universo. Dende buratos negros e buratos de verme ata ondas gravitacionais e viaxes no tempo”

ConCiencia, Dirixido polo catedrático da Universidade de Santiago de Compostela, Jorge Mira Pérez,, céntrase na proxección pública da ciencia e, dende 2006, trouxo a Compostela máis dunha trintena de premios Nobel. O acceso ao acto é de balde e está aberto ao conxunto da cidadanía ata completar a capacidade do espazo.

Un día antes, o 8 de maio, Thorne manterá tamén un encontro con medios de comunicación no Colexio de San Xerome, e durante a súa estadía manterá xuntanzas con persoal investigador e estudantado da USC. 

Kip Thorne, que obtivo o Nobel “polas súas contribucións decisivas ao detector LIGO e a observación de ondas gravitacionais”, especializouse no estudo de buracos negros e estrelas de neutróns, e explorou a estrutura do espazo-tempo interesándose na posibilidade de realizar viaxes no tempo mediante buracos de verme.

Durante décadas formou a xeracións de persoas que se dedican á Física e traballou xunto a figuras clave como Stephen Hawking e Roger Penrose (Premios Fonseca nos anos 2008 e 2011, respectivamente). Ademais, nos últimos anos mantivo unha estreita colaboración co cineasta Chistopher Nolan, a quen brindou asesoramento científico nalgúns dos seus títulos máis emblemáticos como é o caso dos filmes Interstellar (2014) ou Oppenheimer (2023). 

Biografía

Kip Thorne naceu en Logan, Utah (Estados Unidos), en 1940. Graduouse en física no Instituto Tecnolóxico de California (Caltech) e realizou o doutoramento en Princeton, en 1965, baixo a dirección de John Archibald Wheeler, o gran pioneiro da Relatividade Xeral tras a morte de Albert Einstein. Ao completalo regresou a Caltech, onde desenvolveu a maior parte da súa carreira académica.

Unha consecuencia da Relatividade Xeral é a existencia de ondas gravitacionais: vibracións do espazo-tempo que se producen cando obxectos masivos se aceleran.

Os efectos son tan pequenos que a súa observación foi imposible durante un século. Recoñecido mundialmente polas súas achegas á Relatividade Xeral e á astrofísica, Kip Thorne foi un dos fundadores nos anos 70 do proxecto LIGO (acrónimo en inglés de ‘Observatorio de ondas gravitacionais por interferometría láser’), que permitiu por primeira vez a detección directa de ondas gravitacionais en setembro de 2015.

Tratouse dun fito histórico que confirmou a predición realizada polo propio Einstein en 1916 e abriu unha nova xanela á exploración do cosmos: desde entón puidéronse observar máis de 100 fusións de buracos negros a centos de millóns de anos luz. 

No detector LIGO utilízase tecnoloxía láser —cuxa xénese foi tamén obra de Einstein en 1917— para medir os pequenos cambios de lonxitude causados polas ondas gravitacionais en dous “brazos” de catro quilómetros de longo —as deformacións observadas son inferiores ao tamaño dun protón—. Thorne realizou contribucións cruciais ao desenvolvemento do detector. Por iso compartiu o Nobel de Física con Rainer Weiss e Barry Barish.

Autor de libros de referencia na formación académica da física, Kip Thorne destaca tamén polo seu papel como divulgador, con colaboracións con artistas, músicos ou cineastas, ou con libros como Buracos Negros e Tempo Curvo: o escandaloso legado de Einstein.

Foi asesor científico e produtor executivo da película Interestelar en 2014, así como do libro divulgativo realizado sobre esta película. A súa participación asegurou un tratamento preciso de fenómenos como os buracos negros rotantes e a dilatación temporal, dando lugar a investigacións científicas orixinais.

Tal e como salienta o Programa ConCiencia, “Thorne é un pensador audaz, aberto a explorar as fronteiras entre a ciencia establecida e a especulación fundamentada, sempre dentro do marco da Relatividade Xeral”.

Na súa carreira logrou algo inusual: unir a ciencia de vangarda, coa pedagoxía accesible e a colaboración interdisciplinaria, sen perder o compromiso co rigor. “A través das súas investigacións, libros e contribucións á arte, ampliou a nosa comprensión do universo e inspirou a millóns de persoas a mirar as estrelas con ollos científicos e curiosos”.

Mostra

Con motivo da visita de Thorne, a Facultade de Física da USC e a súa biblioteca acollerán  unha exposición sobre a vida e obra deste científico. Na mostra realizarase un percorrido pola súa biografía, actividade investigadora, premios acadados e academias e institucións nas que participa. A exposición poderá visitarse na sala de lectura da biblioteca entre o 28 de abril e o 16 de maio.

Post navigation

Previous: A Estrada, Teo e Lalín proxectarán vivendas pública
Next: O auditorio do Milladoiro, en Ames, acolle “Pioneiras”

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.