Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Último pase da obra de teatro “Agamenón, volvín do supermercado e deille unha malleira ao meu fillo”

usc teatrp SLIDE 9 xunho 2025

Trátase da nova peza da Aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela e estará este martes e mércores na Sala de Teatro Roberto Vidal Bolaño da USC.

A Aula de Teatro da USC presentará por última vez este martes 10 e mércores 11 a peza “Agamenón, volvín do supermercado e deille unha malleira ao meu fillo”, de Rodrigo García, con posta en escena de Roberto Salgueiro e cun elenco composto por Antón Torrado Puime, Lucía Casal Muñiz e Laura Valeiras.

A actuación será ás 21.00 horas na Sala de Teatro Roberto Vidal Bolaño (na AV. De Vigo no Campus Sur) previa recollida de entrada a partir das 20.30 horas no mesmo espazo. Despois das funcións haberá un encontro co público.

Sobre a obra

“A proposta que realizamos parte do texto orixinal de Rodrigo García, lixeiramente adaptado e onde tamén se inclúe algún outro escrito do autor. Neste peza convive unha mestura de violencia e humor que retrata unha sociedade afeita a recibir o golpe e a aceptar a derrota, asumila como algo constitutivo do noso ser. E converter a risa nun xesto revirado, a gargallada nun corpo contraído”, explican dende a Aula de Teatro da USC á hora de definir o eixo sobre o que se artella a obra.

Post navigation

Previous: Avante LGBT+ presenta a programación do orgullo en Compostela
Next:  Madeireiros e concellos, unha convivencia complexa pero necesaria

Máis novas

Un momento do último Consello de Goberno da USC
5 minutes read
  • Xeral

A convivencia interxeneracional un dos eixos do plan de vivenda de estudantes da USC

José Antonio Domené solista na entrega do Portus Apostoli no Harp Fest de Noia
5 minutes read
  • Xeral

O arpista José Antonio Domené súmase ao Noia Harp Fest

Unha imaxe da última edición do WOS Festival
3 minutes read
  • Xeral

Primeiras confirmacións no WOS Festival 2026

Vehículos de emerxencias nunha intervención
2 minutes read
  • Teo

Teo homologa o Plan de Emerxencias Municipal

Imaxe da Ponte Maceira nas Noites en Vela nuha edición pasada
3 minutes read
  • Xeral

Hoxe chegan as Noites en Vela de Ponte Maceira

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Compostela

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2774) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (613) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (812) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2674) sindicatos (109) Social (552) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (581) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.