Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

A Universidade traballa na seguridade de Xeografía e Historia

usc-protexer-facultade-de-historia-slide-27-maio-2024_r

Compostela, 27 de maio do 2024 – A Universidade traballa para garantir a seguridade estrutural da facultade de Xeografía e Historia logo dos danos atopados no edificio.

Os danos atopados na cara superior do forzado do baixo cuberta, na zona de depósito de libros sobre a sala de lectura principal da biblioteca, obrigan ao traslado dos fondos bibliográficos de Xeografía e Historia, arredor de 145.000 volumes.

Co fin de atopar solucións o xerente da Universidade de Santiago, Javier Ferreira, e o decano da Facultade de Xeografía e Historia, Marco Virgilio García Quintela, mantiveron xa unha xuntanza co delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, para desenvolver un plan que permita garantir canto antes a seguridade do edificio.

Trátase dunha intervención urxente que debe implicar como primeiro paso a descarga de peso para reducir o volume de libros almacenados así como o cambio de dirección dos andeis de acordo cun informe técnico elaborado recentemente para avaliar a situación dada a gravidade.

Esta actuación sería a primeira fase dunha intervención integral no conxunto da biblioteca, orzamentada en 6,78 millóns de euros, que garantiría a seguridade estrutural así como a mellora do comportamento enerxético destes espazos e a racionalidade de uso das estancias.

A xuntanza súmase ao chamamento realizado dende a USC a todas as institucións do Consorcio de Santiago de Compostela (Concello de Santiago, Xunta de Galicia e Goberno de España), autor do Plan Director da Facultade que contempla a necesidade de acometer unha profunda reforma do edificio, afectado no só polo paso do tempo senón tamén por deficiencias estruturais que afectan a seguridade e a habitabilidade do edificio.

Post navigation

Previous: Melide recibe unha doación de propiedades que se destinarán á terceira idade
Next: Pedirán a reprobación da concelleira de educación de Ames

Máis novas

Teo lugar no que se situaría a planta de residuos de Cacheiras
4 minutes read
  • Xeral

Segue a preocupación en Cacheiras, Teo, pola instalación da planta de reciclaxe

compostela vista posterior pazo raxoi imaxe google maps
3 minutes read
  • Compostela

Compostela recepcionará as obras do Pazo de Raxoi

granell slide
2 minutes read
  • Axenda

Alejandra Pombo presenta na Granell “o que me mira rodeándome”

Presentación en Melide a campaña "No caminas sola" do Miisterior del INterior
3 minutes read
  • Xeral

“No caminas sola”, prevención nos Camiños a Santiago

Presentación en Compopstela do manifesto "Por u monte galego con futuro"
13 minutes read
  • Xeral

Por un monte galego con futuro

Ortoño celebrará o vindeiro domingo vinte anos da Festa do Courizo ao Viño. Organizada pola Asociación Gastronómica, Recreativa e Cultural do Chourizo ao viño degustará tamén orella cocida e todo com guarnición de cachelos.
4 minutes read
  • Xeral

XX Festa do Chourizo ao Viño de Ortoño

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e o chef Álex Iglesias presentaron os “Tardeos no Pico Sacro”, unha iniciativa do Concello para poñer en valor o seu enclave turístico máis importante, que acaba de ser elixido pola Xunta para converterse en Ben de Interese Cultural, a través dunha nova e completa oferta cultural, turística e gastronómica.
4 minutes read
  • Axenda

“Tardeos no Pico Sacro” a proposta de Boqueixón para un verá diferente

Os alcaldes de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e Touro, José Manuel Reboredo, nunha das zanxas de canalización de auga
4 minutes read
  • Boqueixón

Boqueixón e Touro colaborarán no abastecemento de auga potable

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2768) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (608) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1427) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1616) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (810) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (726) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (549) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.