Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Arzúa
  • Axenda
  • Músicas na linde

Unto Vello presenta “Inmaterial” en Arzúa

A presentación do primeiro disco do grupo Unto Vello é unha das actividades da Primavera Cultural de Arzúa.

Imaxe do cartel que anuncia o concerto de Unto Vello

Arzúa, 22/04/2026 – O Concello de Arzúa organiza un concerto do grupo Unto Vello este sábado na Casa da Cultura. O grupo presentará o seu disco de debut que leva por título “Inmaterial”.

A actuación de Unto Vello será este sábado, 25 de abril, ás 20:30 h. con entrada libre e gratuíta ata completar a capacidade. A apertura de portas ao público farase ás 20:00 h. 

 O álbum de Unto Vello, xa dispoñible en plataformas dixitais, recompila cantares tradicionais recollidos por todo o país nun intenso labor de investigación e reinterpretación do patrimonio inmaterial galego.

É a estrea discográfica do dúo formado por Bieito Pereira e Xabi Gómez, que conta coa produción de Hevi e a colaboración dos Pandeireteiros do Fiadeiro, Saínza Piñeiro, Lina e Lola e Julia e Luz Divina.

No seu ano de traxectoria, o dúo recibiu nomeamentos a premios como os Youtubeiras 2025 e os Martín Códax na categoría de música tradicional e ofreceu máis de 25 concertos en lugares como a Sala Capitol onde esgotou as entradas.

O Concelleiro de Cultura, José Luís García, convida ao público “a asistir a este importante concerto que visibiliza o legado patrimonial e cultural da nosa terra, así como a gran proxección deste dúo do que Arzúa se sinte especialmente orgullosa por contar con Bieito Pereira, que desde Brandeso leva anos realizando un destacado labor a favor do coñecemento e promoción da tradición oral e musical galega”.

Post navigation

Previous: García Lorca e o subsolo de Compostela
Next: Frades pon en marcha “O fío do tempo”

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.