Compostela, 15 de xullo do 2017 – Un ano máis o Centro Social O Pichel pon en marcha os cursos de verán da Universidade Popular.
Do 17 ao 21 de xullo o centro social O Pichel encherase de xente partillando saberes e experiencias. Este ano O Pichel ofrece cursos de ecoloxía, xénero, linguas, tecnoloxía, danza ou música entre outros. Para reservar praza hai que escribir un correo a gentalha@gentalha.org , esta reserva é obrigatoria e pode realizarse ata dous días antes do curso elixido.
Os prezos por curso para non socios de O Pichel é de 3,5€ e 3€ para socios. Existe un abono para tódolos cursos de 8€.
Os cursos están impartidos por persoas implicadas en movementos e colectivos sociais que debateran e compartiran experiencias necesarias no día a día das persoas e dos colectivos. Trátase de aproveitar os coñecementos que cada persoa acumula e que poden ser útiles para as persoas que están o seu carón.
Toda a información de cursos e horarios no seguinte enlace:
http://gentalha.org/2017/07/universidade-popular-2017-do-17-ao-21-de-julho/
A Gentalha do Pichel é unaa asociación cultural que desde hai dez anos dinamiza a vida social e cultural de Compostela ofrecendo un lecer alternativo. Entre os diferentes propósitos está o de ensinar, difundir e disfrutar da cultura tradicional galega e fomentar o coñecemento de novas producións culturais de Galicia e do mundo lusófono.