Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela

Novos avances da USC na loita contra o cancro

Investigadores da USC acaban de descubrir un mecanismo de mutación implicado no desenvolvemento do cancro.
usc-descubrimento-cancro-slide-6-febreiro-2020_r

Table of Contents

Toggle
  • Compostela, 6 de febreiro do 2020 – Investigadores da USC acaban de descubrir un mecanismo de mutación implicado no desenvolvemento do cancro.
    • Unha posible solución médica rescatada do lixo
    • Só 16 retrotransposóns, os volcáns que hai que vixiar
    • Aplicación clínica

Compostela, 6 de febreiro do 2020 – Investigadores da USC acaban de descubrir un mecanismo de mutación implicado no desenvolvemento do cancro.

O descobremento pon no punto de mira aos retrotransposóns, rexións de ADN ata agora ignoradas que explican a orixe e progresión de certos tumores e abren novas vías de prevención e tratamento do cancro.

Novos avances da USC na loita contra o cancroO traballo, o maior realizado ata a data no campo da xenómica do cancro, inclúe a análise xenómica de tumores en case 3.000 pacientes e 38 tipos diferentes de cancro. Este traballo enmárcase no consorcio internacional Pan-Cancer, unha iniciativa de enorme envergadura para o estudo das bases xenéticas do cancro, na que participaron durante sete anos preto de 1.000 investigadores de todo o mundo.

Os resultados desta investigación foron publicados este mércores por Nature e Nature Genetics. Segundo o primeiro asinante do traballo e investigador da USC, Bernardo Rodríguez-Martín, “identificamos un novo mecanismo de mutación que consiste en que cando os retrotransposóns se mobilizan no xenoma tumoral, algo que ocorre con máis frecuencia que nas células non tumorais, poden producir perdas enormes de material xenético no punto no que se integran”.

“Estas perdas causadas pola integración de retrotransposóns poden implicar a desaparición de xenes que son importantes no mantemento do funcionamento normal dunha célula e, cando isto ocorre, facilita a aparición do cancro. Esta nova clase de mutación en cancro é particularmente frecuente en catro tipos: esófago, cabeza e pescozo, pulmón e colorrectal”, conclúe Rodríguez-Martín.

Os científicos pensan que este descubrimento terá un impacto a curto prazo na mellora dos diagnósticos oncolóxicos e no prognóstico sobre a evolución dos pacientes; e a medio prazo nos tratamentos dirixidos a frear este mecanismo de mutación, algo no que o equipo de investigación xa está a traballar.

Unha posible solución médica rescatada do lixo

Os retrotransposóns representan unha parte importante do noso material xenético, ata un 75%, e foron ata non fai moito considerados ‘ADN lixo’ debido á súa natureza repetitiva e ausencia aparente de funcionalidade. Este concepto erróneo levou a moitos científicos a non profundar no seu papel determinante no cancro. Fronte a isto, José M.C. Tubío, director do grupo Xenomas e Enfermidade do Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas  da USC (CiMUS) e o seu equipo, veñen desenvolvendo dende 2010 “algoritmos bioinformáticos dirixidos ao estudo desta materia escura e atopamos varios tesouros”, apunta.

Só 16 retrotransposóns, os volcáns que hai que vixiar

Non satisfeitos con descubrir a importancia dos retrotransposóns, os investigadores da USC quixeron ir máis alá e acoutar o campo de estudo. Por iso traballaron para identificar aqueles que teñen maior actividade no xenoma tumoral, xa que serían estes cara aos que habería que dirixir as terapias. Conseguiron sinalar entre 100 e 150 retrotransposóns que se activan no cancro. De todos eles, tan só 16 son de especial interese porque son moi activos causando máis das tres cuartas partes de todas as mutacións orixinadas nun tumor. “Estes retrotransposóns compórtanse como volcáns, podendo estar silenciados durante moito tempo e, de súpeto, estourar de forma moi violenta, promovendo decenas ou centos de mutacións no xenoma tumoral”, explica Tubío.

Aplicación clínica

Os investigadores xa traballan para poder trasladar os resultados da súa análise á clínica. Segundo Bernardo Rodríguez-Martín “a curto prazo, esperamos que teñan impacto na mellora dos diagnósticos e no prognóstico sobre a evolución dos pacientes oncolóxicos. De feito, dispomos de datos preliminares”. Tubío engade que “no noso laboratorio xa estamos a levar a cabo pequenas probas de concepto, probando diferentes tratamentos para frear este proceso mutacional tan relevante nalgúns tipos de cancro”. “Mentres todos os meus compañeiros centraban a súa atención nos xenes do noso xenoma, eu dedicábame a buscar no ADN lixo”, apunta o doutor Tubío.

Post navigation

Previous: A Baña rexeita os recursos contra o contrato de renovación do alumeado
Next: II Trail e Andaina Ribeiras do Tambre

Máis novas

compostela arco de mazarelos_good 7 novembro 2026
3 minutes read
  • Compostela

Unha nova vida para o Arco de Mazarelos

ateneo desafios intelixencia artificical 7 novembro 20226
2 minutes read
  • Xeral

Os desafíos da Intelixencia Artificial nos Luns do Ateneo

deputacion via verde remata en marzo 6 de novembro 2026 (1)
4 minutes read
  • Xeral

A Vía Verde podería estar rematada en marzo

KD&L
3 minutes read
  • Axenda

Kitty, Daisy e Lewis abren o Outono Códax Festival

cineurop a40 aniversario 2 novembro 206
8 minutes read
  • Axenda

Cineuropa celebra 40 anos

foto manuel martínez ONCE
5 minutes read
  • Compostela

Manuel Martínez Pan, delegado da ONCE na Galiza: “Lamas, unha persoa cega, foi pioneiro do xornalismo”

compostela un banco para compartor 21 outubro 2026
3 minutes read
  • Xeral

Un banco para compartir en Compostela

museo do pobo a barca dos pepes 21 setembro 2026 (3)
6 minutes read
  • Xeral

Transfronteiriza no Museo do Pobo Galego

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (116) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2831) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (834) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (740) Politica (951) saúde (534) Servizos (2704) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.