Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Compostela

A Unión Hotelera de Santiago preocupada pola “falta de estratexia aeroportuaria”

Membros da Unión Hotelera reuníronse para avaliar as medidas da Xunta de Galicia  en este ámbito

Reunión da Unión Hotelera de Santiago sobre a xestión aeroportuaria

Reunión da Unión Hotelera de Santiago sobre a xestión aeroportuaria

Compostela, 22/04/2026 – A Unión Hotelera de Santiago móstrase “preocupada e decepcionada” polos plans da Xunta de Galicia para os aeroportos galegos. Membros do colectivo reuníronse este luns para avaliar as propostas do goberno autónomo.

Nun comunicado emitido despois do encontro comezan por lembrar que os últimos datos difundidos por Aena, que reflicten unha caída trimestral do 29,6% de usuarios no Aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro, xeraron “unha profunda preocupación” no sector.

Desde a Unión Hotelera insístese en que “o aeroporto compostelán é unha infraestrutura crave para o desenvolvemento turístico e económico de Galicia, e a súa deterioración afecta o conxunto do destino Galicia, non só a unha cidade”.

Neste contexto, a Unión Hoetelera defende que o aeroporto de Santiago “consolídese como aeroporto de Galicia” e expresa a súa decepción ante unha proposta que considera “pouco valente e claramente insuficiente, ao non abordar o problema de fondo e optar por pospor decisións estruturais”.

Ao seu xuízo, esta falta de determinación “responde máis á vontade de evitar tensións territoriais no curto prazo, que á necesidade de construír unha solución sólida e eficaz para Galicia no seu conxunto”.

Para a asociación, a situación actual é “consecuencia directa dunha falta de planificación sostida”. “No caso de Santiago”, din, “non existe un plan estratéxico de turismo vixente desde 2022, tras a finalización do anterior (2017 – 2022), nun contexto ademais marcado pola pandemia.

Será catro anos despois, e só tras a perda da base de Ryanair, cando se inicie a definición dun novo plan, evidenciando a ausencia dunha folla de ruta e de alternativas ante escenarios adversos”.

“A este escenario”, engaden, “súmase un contexto cada vez máis esixente para a demanda, marcado por unha maior carga impositiva sobre os turistas e pola proliferación de mensaxes pouco favorables cara á oportunidade que supón o turismo, factores que en conxunto afectan á competitividade do destino e reforzan a necesidade dunha estratexia clara, coherente e sostida no tempo”.

Para a Unión Hotelera, a saída de Ryanair non é unicamente a orixe do problema, senón “o elemento que puxo de manifesto unha debilidade estrutural, que é a falta de estratexia”, facendo fincapé en que “os seus efectos xa son visibles, cun impacto directo e severo sobre o conxunto do sector turístico, e sen previsión de cambio a medio prazo”.

A esta situación súmase ademais, “unha evidente falta de comunicación e coordinación entre administracións autonómica e local, o que dificulta a adopción de decisións eficaces e xera un escenario de incerteza permanente”, tal e como sinalan.

A Unión Hotelera defende que o aeroporto de Santiago debe desempeñar “un papel central dentro dun modelo aeroportuario galego ordenado e eficiente”, en base a criterios obxectivos, técnicos e estratéxicos como a súa localización central, xa que está a menos dunha hora das principais cidades, e as súas condicións operativas. “Evitaríase así”, din, “o risco dunha dispersión de rutas e recursos, evidenciando a necesidade dunha maior coordinación e planificación”.

O colectivo lembra tamén que se trata do aeroporto “mellor preparado desde o punto de vista técnico, con maior lonxitude de pista, capacidade para aeronaves de gran tamaño, operatividade nocturna, maior superficie terminal, máis portas de embarque e menor índice de desvíos”.

Post navigation

Previous: Frades pon en marcha “O fío do tempo”
Next: Levan ao Parlamento de Galicia a futura planta de residuos de Cacheiras, en Teo

Máis novas

bisbarra eleccions e lista 14 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: tambores de eleccións, os partidos moven fichas

frades oroso obra enlace 14 outubro 2026 (3)
3 minutes read
  • Xeral

Frades e Oroso arranxan a estrada de O Fontelo a A Igrexa

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (49) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (950) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.