Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Compostela

A Unión Hoteleira pide transparencia coa recadación da taxa turística

A asociación hoteleira di que aínda no coñece o destino dos fondos do ano 2025

Vista dun dos hoteis de Compostela

Compostela, 26/06/2026 . A taxa turística foi algo moi debatido e que custou poñer en marcha pese a que a maioría dos implicados estaban a favor. O destino do recadado era unha das partes que máis custou negociar.

Cando está a piques de rematar o primeiro semestre do ano 2026 a Unión Hoteleira Compostela denuncia que aínda non sabe a que se destinaron os fondos recadados no ano 2025. Manifestan preocupación e piden ao concello transparencia.

Desde a asociación lembran que “a normativa autonómica establece que o 80 % da recadación debe destinarse a actuacións de turismo sustentable”, estimando que “no último trimestre de 2025, esta cantidade ascendeu a preto de 600.000 euros”.

Con todo, a Unión Hoteleira afirma que non ten constancia a día de hoxe das actuacións financiadas con estes recursos nin de que o Concello de Santiago fixese pública a información relativa á súa execución.

Como principal asociación hostaleira da cidade e entidade encargada da recadación do imposto, considera imprescindible que “déase unha explicación clara sobre o uso dado a eses fondos, cuxa finalidade era mellorar o modelo turístico”.

A organización sinala ademais que, case un ano despois da implantación da taxa turística, os establecementos hostaleiros continúan sen poder explicar aos seus clientes que melloras concretas supuxo este imposto para o turismo de Santiago, e lamenta a falta de resposta do Concello ás consultas realizadas, mostrando a súa preocupación e desconfianza pola ausencia de información pública sobre este tema.

Por iso, a UHC reclama ao Concello de Santiago que publique de maneira detallada os investimentos realizados con cargo á taxa turística, e que garanta unha xestión transparente duns recursos que por lei deben destinarse a gastos e investimentos relacionados co turismo sustentable.

Post navigation

Previous: “As pegadas do lume” reflexionará en Padrón sobre o último incendio
Next: Touro ofrece á veciñanza modelos de alegacións contra o proxecto mineiro

Máis novas

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Axenda

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Un dos traballos de mellora realizados en pistas de Frades
2 minutes read
  • Frades

Frades acomete un intenso programa de bacheo nas distintas parroquias

Imaxe do pleno de Ames sobre o mercado de abastos
4 minutes read
  • Xeral

O mercado de abastos de Ames dependerá dunha subvención de 2 millóns de euros

Lugar de Agromaior no concello de Teo
2 minutes read
  • Xeral

Teo licita o acondicionamento do viario municipal en Agromaior

Cartel da andaina por parellas de Rois
3 minutes read
  • Axenda

A XVIII Andaina por Parellas de Rois aprázase a setembro

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2771) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2672) sindicatos (109) Social (551) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (580) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.