Ames, 17 de decembro do 2020 – Unha sentenza do xulgado contencioso administrativo de Santiago obriga ao concello de Ames ao pago de 87.719,84 € pola incautación indebida dun aval incautado.
Trátase dunha obra no Milladoiro, no sector denominado PM5-03, no que se ubican 200 vivendas. No ano 2005 a empresa solicitou que o concello recepcionara a obra pero existían partes non executadas polo que desde o concello de Ames requiriuse que se solucionaran as deficiencias.
Incautación de avais
A empresa realizou parte das obras requiridas pero, como a obra seguía sen adaptarse ao proxecto, o concello decidiu a incautación dos avais por importe de 530.000 €. Non sería ata o ano 2011 que se presenta un proxecto para solucionar os problemas da obra, a reparación tería un importe de 29.928,01€.
O Partido Popular de Ames, que agora denuncia o “oscurantismo” do goberno sobre esta sentencia, advertiu en aquel momento que, ao seu parecer, o proxecto era insuficiente para resolver todas as deficiencias. Xa en 2017 o Pleno da Corporación aprobou un novo proxecto que se adxudicou en maio de 2018 por 231.665,93€. O goberno municipal mantén a incautación de avais, pero agora, por un valor de 356.818,30€.
Recurso en trámite
O Partido Popular de Ames denuncia agora que no momento de ese segundo proxecto, 2017, xa se presentara no Xulgado do Contencioso Administrativo nº 2 de Santiago o recurso contencioso que remataría con sentenza 24 de abril de 2019, pola que se condena ao Concello de Ames á devolución dos importes indebidamente ingresados na execución dos avais, xunto cos intereses derivados ata a súa efectiva devolución, impoñendo tamén as costas.
O recurso de Apelación é desestimado polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia confirmando a sentenza do Contencioso Administrativo de Santiago de Compostela e procedendo a imposición de costas ao Concello de Ames.
Os populares amienses explican que foron coñecedores da sentenza a raíz da aprobación do pasado pleno ordinario de Novembro do suplemento de crédito 3/2020 por un valor superior ao millón cen mil euros, importe financiado con cargo ao Remanente e Tesouraría. Neste suplemento recóllese un total de 87.719,84 € para facer fronte ao importe de execución desta obra pola devolución dos avais incautados en virtude da sentencia ditada xunto coa partida de 10.079, 37 € en concepto de intereses derivados dos avais incautados.