Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Muros

Unha nova vida para o Cine París de Muros

O cine París de Muros recupera o seu esplendor como centro sociocultural co Plan Único da Deputación da Coruña.
muros-reforma-cine-paris-slide-2-decembro-2020_r

Muros, 2 de decembro do 2020 – O cine París de Muros recupera o seu esplendor como centro sociocultural co Plan Único da Deputación da Coruña.

O Presidente do ente provincial, Valentín González Formoso, visitou a localidade muradá para supervisar as obras. Cun orzamento total de 266.000 euros. os traballos inclúen a renovación da cuberta e a recuperación da fachada.

Valentín González Formoso foi recibido no salón de plenos pola alcaldesa de Muros, Inés Monteagudo, e membros da corporación. Na visita tamén participaron o deputado Blas García e a deputada Sandra González. O presidente provincial tamén aproveitou para visitar outras obras na zona vella de Muros incluídas no Plan Único como a mellora integral da zona de Chalón, onde se instalan novos pavimentos e tamén se aproveita para recuperar os tradicionais lavadoiros.

González Formoso lembrou que “o Plan Único aumenta este ano considerablemente para todos os concellos, e tamén para Muros, que conta cunha asignación de 600.000 euros dos que 140.000 euros irán destinados para facer fronte aos gastos sociais orixinados pola pandemia”.

Inés Monteagudo quixo “agradecer a visita do presidente e os investimentos da Deputación en Muros, que son imprescindibles” e recalcou que “a obra do Cine París era moi agardada porque a situación do edificio era dramática, pasou de ser unha actuación estética a ser de seguridade xa que corría risco de derrubamento. Agora dá gusto velo e cambiou a sensación dos comercios e establecementos desta zona”.

Post navigation

Previous: A Baña tamén quere máis persoal sanitario
Next: Camiñantes do noso, a visións dos maiores sobre o Camiño

Máis novas

muros-mostra-teatro-slide-30-abril-2024_r
2 minutes read
  • Axenda

XVI Mostra de Teatro Xosé Agrelo

Print
2 minutes read
  • Muros

Dez días de Entroido en Muros

elefante-elegante-kiyoki-slide-en-muro-23-xaneiro-2024_r
4 minutes read
  • Axenda

Elefante Elegante estrea “Kyoki” que aborda o tema do Alzhéimer

pellets-manifestacion-Serea-pellets-Leandro-slide-11-xaneiro-2024_r
3 minutes read
  • Muros

A aseguradora está falando cos concellos para encargarse da limpeza dos pellets

adega-plasticos-praias-slide-5-xaneiro-2024-(2)_r
3 minutes read
  • Muros

Microplásticos levan días chegando as praias do Barbanza

xeodestino-ria-muros-noia-slide-4-maio-2020_r
2 minutes read
  • Muros

A Xunta di que a Confraría “non ten intereses lexítimos” no caso do verquido de San Finx

verdegaia-minas-san-finx-slide-4-outubro-2019_r
2 minutes read
  • Lousame

Preocupación pola autorización dun vertido á empresa mineira de San Finx

muros noia illa da creba 20 maio 2022 (1)
3 minutes read
  • Muros

Reclaman a titularidade pública para a Illa da Creba

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (731) Politica (944) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.