Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Unha nova sentenza enbrolla máis o conflito laboral da liña do aeroporto

Unha sentenza xudicial declara nulo o despedimento, pola empresa Freire, dun traballador e obriga a reintegralo ao seu posto na liña do aeroporto.
compostela-sentenza-freire-slide-17-agosto-2021_r

Table of Contents

Toggle
  • Compostela, 17 de agosto do 2021 – Unha sentenza xudicial declara nulo o despedimento, pola empresa Freire, dun traballador e obriga a reintegralo ao seu posto na liña do aeroporto.
    • Readmisión

Compostela, 17 de agosto do 2021 – Unha sentenza xudicial declara nulo o despedimento, pola empresa Freire, dun traballador e obriga a reintegralo ao seu posto na liña do aeroporto.

A empresa presentara unha carta de despedimento por baixo rendemento. A xuíza considera probado que tratouse dunha clara represalia por querer ser o candidato da CIG nas eleccións sindicais.

O procedemento alongouse máis do previsto polas sucesivas trabas que o empresario Gaspar Freire, puxo durante todo o proceso, motivo polo que foi advertido tanto pola xuíza como polo fiscal, que tamén apoiou a tese de que o despedimento era unha represalia por ser candidato da CIG e tamén solicitou a nulidade, que agora a sentenza ven de confirmar.

Readmisión

A sentenza condena a Empresa Freire a pagar ao traballador todos os salarios desde o despedimento, en febreiro de 2020; unha indemnización de 6.250 euros por danos e prexuízos e a readmitilo no seu posto de traballo, na liña do aeroporto de Santiago.

Esta parte da sentenza non poderá cumprirse neste momento, denuncia a CIG “porque é precisamente esa a liña que o Concello de Santiago entregou ao Grupo Monbus en decembro de 2020 e na que, irregularmente, non contemplou a subrogación dos traballadores e traballadoras, o que mantén un conflito aberto coa empresa e máis co concello, principal responsábel desta desfeita”.

Xa se ten presentado demanda contra o Grupo Monbus para a readmisión do traballador nesta liña, que como os outros 8 condutores e condutoras, debería de estar prestando servizos nesta liña do aeroporto.

Post navigation

Previous: Silleda consegue desbloquear o Plan Xeral coa legalización da traída de auga
Next: Touro remodela o goberno por sorpresa e ten 3 alcaldes nunha semana

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.