Arzúa, 20 de xullo do 2021 – Unha herdanza de obras de arte, que pode superar o millón de euros, motivou un cruce de acusacións entre o goberno de Arzúa e a oposición.
A pasada semana o Partido Popular de Arzúa acusaba ao goberno municipal, na rede social Facebook, de rexeitar a herdanza que un veciño quería legar ao concello
Os Populares explicaban que non chegar a un acordo supoñía perder a colección de arte e 50.000 € que servirían para acondicionar un lugar onde exhibila. A información cobraba outra dimensión polo pasamento do doante “sen que a doación fora aceptada”.
Unha herdanza imposible de aceptar
Onte o Goberno Municipal saía ao paso de esta publicación acusando ao Partido popular de “cinismo e pura hipocrisía”. No comunicado explícase que “ningún alcalde no seu san xuízo rexeitaría unha herdanza de un millón de euros”.
A nota de prensa municipal engadía que “o alcalde, José Luís García, explicoulle persoalmente, días atrás, ao voceiro do Partido Popular e a algún membro máis do seu partido, a realidade da doazón desta herdanza e o transcurso de como foron sucedendo as cousas. Rafael Rivadulla (voceiro popular) foi informado de que o alcalde sempre mantivo unha actitude correcta coa persoa doadora, á que en todo momento se lle animou a que fixese o que él considerase oportuno e atendese á súa vontade”.
Según o equipo municipal o alcalde tamén lle manifestou ao doante que, posteriormente, o concello de resultar beneficiario de dita herdanza trataría de cumprir coa vontade disposta no seu testamento.
O problema
A explicación da non aceptación da herdan ten resposta na lexislación vixente. O doante quería que o alcalde aceptase a herdanza estando él en vida; dende a propia Secretaría Municipal informóuselle da imposibilidade de que unha administración pública acepte unha herdanza estando en vida a persoa doadora.
O Goberno Municipal di tamén que “Debería Rafael Rivadulla preguntarse porque outras entidades públicas, caso do concello de Sada ou a propia Consellería de Cultura gobernada polo Partido Popular, non puideron aceptar esta mesma doazón cando tamén lles foi ofrecida pola persoa doante incluso antes de que valorase a posibilidade de que a herdanza puidese quedar en Arzúa”.