Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Vedra

Unha Camelia de bronce no Camiño de inverno

O Vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, inaugurou en Vedra a escultura en bronce dunha camelia coma homenaxe ao Camiño de Santiago.
Vedra-inauguracion-homenaxe-camelia_slide-125556_r

Vedra, 9 de decembro do 2020 – O Conselleiro de Turismo e Vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, inaugurou en Vedra a escultura en bronce dunha camelia coma homenaxe á propia flor e ao Camiño de Santiago.

A peza é obra do escultor Cándido Pazos. O artista, autor da Porta de Europa en Santiago ou as Esferas Armilares do Parlamento Europeo, inspirouse nunha camelia do seu propio xardín. A flor foi coidada durante os últimos cincuenta anos, é froito da fusión de outras tres e leva por nome Camelia Xacobea.

Alfonso Rueda destacou a importancia de potenciar un recurso turístico único en Galicia como a camelia para poñer en valor o patrimonio natural, cada vez máis demandado polos turistas, na actual situación marcada pola Covid-19

Rueda destacou tamén o papel do concello de Vedra na difusión da Ruta dos Xardíns da Camelia de Galicia e na difusión da tradición xacobea a través de moitas das súas esculturas. O Pazo de Santa Cruz é un dos 12 parques da Ruta e un dos 5 Xardíns de Excelencia Internacional da Camelia.

O alcalde, Carlos Carrillo, agradeceu a presencia do Vicepresidente e lamentou que a pandemia impedira que na celebración participaran todos os veciños de Ponte Ulla. O rexedor acompañou ademais a Alfonso Rueda nunha visita á área de interpretación dos muíños do municipio no que a Xunta de Galicia colaborou na súa adecuación.

No acto participaron, ademais de alcalde e vicepresidente, o propio escultor, Cándido Pazos, o Campión do mundo de Tríatlon, Iván Raña amigo persoal do artista, e concelleiros do municipio.

Post navigation

Previous: O máis lido da semana (28 – 04 novembro / decembro 2020)
Next: Aberta a inscrición no concurso de escaparatismo de Compostela

Máis novas

Participantes no campo de traballo monte sacro
2 minutes read
  • Xeral

Campo de voluntariado Monte Sacro

Imaxe do río na presentación do Goza do Ulla 2026
2 minutes read
  • Vedra

O Couto de Ximonde acolle a presentación do Goza do Ulla 2026

Visita de representantes da Deputación a Vedra
3 minutes read
  • Xeral

A Deputación leva investidos en Vedra máis de seis millóns de euros

Auyotidades na Festa do Viño da Ulla
3 minutes read
  • Xeral

Novo éxito da Festa do Viño da Ulla

vedra festa vinho da ulla 6 abril 2026
4 minutes read
  • Axenda

Chega a XLIV Exaltación Do Viño Da Ulla

Presentación XLVII festa do viño da Ulla
2 minutes read
  • Axenda

XLIV Festa do Viño da Ulla en Vedra

vedra xunta saf 1 marzo 2026
3 minutes read
  • Vedra

Medio millón de euros para o SAF de Vedra

Carlos-Martinez-alcalde-de-Vedra-slide-18-novembro-2021_4995_r
3 minutes read
  • Entrevistas

Parolando con Carlos Martínez, alcalde de Vedra

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.