Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Ames

Unha andaina polo mar de ovellas

Cartel da andaina polo mar de ovellas

Ames, 29/04/2026 – O vindeiro domingo, 10 de maio, en horario de 10.00 a 14.00 horas, volve a organizarse, por terceiro ano consecutivo, unha andaina teatralizada pola Costa do Mar de Ovellas, baseada no poema rosaliano “A probiña, que está xorda…!”.

O dito poema localízase nesa costa e está recollido no libro “Mordouelias. Rosalía e as Terras da Maía”, editado polo Concello de Ames e a Fundación Rosalía de Castro cunha introdución explicativa da escritora e experta rosaliana María López Sández.

Ruta teatralizada polos Quinquilláns e pola regueifeira Lupe Blanco 

A andaina polo Mar de Ovellas desenvolverase coa colaboración do grupo teatral Os Quinquilláns e da regueifeira Lupe Blanco. Durante o camiño haberá diferentes paradas nas que o grupo de teatro Os Quinquilláns e Lupe Blanco nos achegarán á obra, á traxectoria e á vinculación da escritora co concello de Ames.

As persoas que queiran participar nesta actividade, que se vai realizar o domingo 10 de maio, das 10.00 ás 14.00 horas, teñen que enviar un correo electrónico ao enderezo normalizacion@concellodeames.gal indicando nome e apelidos, teléfono de contacto e lugar onde prefiren subir ao autobús (O Milladoiro ou Bertamiráns). O prazo de inscrición está aberto desde o ata o 7 de maio. Ofértanse 55 prazas que se cubrirán por orde de inscrición.

Lugares Rosalianos

Un día antes, o sábado 9 de maio, ás 12.00 horas, está aberto o prazo para inscribirse na visita aos lugares Rosalianos que marcaron a vida e obra de Rosalía. Neste caso visitarase o Pazo da Peregrina de Bertamiráns, para coñecer a vinculación de Rosalía e da súa familia paterna con este lugar. Esta actividade tamén estará teatralizada polos Quinquilláns. Para participar hai que enviar un correo electrónico ao enderezo turismo@concellodeames.gal. Esta actividade enmárcase dentro do convenio asinado polos Concellos de Ames, Brión, Dodro e Padrón para promover a ruta As pegadas de Rosalía.

Haberá tres visitas máis a lugares Rosalianos durante os meses de maio, xullo e setembro. O 23 de maio, ás 11.00 horas, visitarase a Casa de Rosalía, en Padrón. As inscrición hai que tramitalas en www.padronturismo.gal/inscricions. Para o 3 de xullo, ás 18.00 horas, está prevista a visita á igrexa de Bastavales. Neste caso as inscricións hai que facelas enviando un correo electrónico ao enderezo cultura@concellodebrion.gal.

Por último, o 4 de setembro, ás 20.00 horas, visitaranse As Torres da Hermida, en Lestrobe (Dodro). As persoas que estean interesadas en participar teñen que enviar un correo electrónico ao enderezo cultura@dodro.gal. As inscrición para todas as visitas son gratuítas e poden tramitarse ata o día previo de cada actividade. As prazas serán adxudicadas por orde de inscrición.

Post navigation

Previous: Un ano máis activamos a campaña Subscríbete ao galego
Next: A Deputación prepara a campaña turística centrándose no eclipse de agosto

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.