Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Compostela
  • Xeral

Unha alfombra global

A Alfombra Floral do Xacobeo 2022 será exhibida en 300 cidades dos cinco continentes converténdose nun evento de arte efémera único.
compostela-alfombra-global-slide-25-marzo-2022_r

Table of Contents

Toggle
  • Compostela, 25 de marzo do 2022 – A Alfombra Floral do Xacobeo 2022 será exhibida en 300 cidades dos cinco continentes converténdose nun evento de arte efémera único.
    • Un evento único

Compostela, 25 de marzo do 2022 – A Alfombra Floral do Xacobeo 2022 será exhibida en 300 cidades dos cinco continentes converténdose nun evento de arte efémera único.

A presentación do deseño da alfombra, obra de Antonio Cunha, contou coa presencia do concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, acompañado polo presidente da Comisión Xestora de Entidades Alfombristas do Camiño de Santiago, Miguel A. García Correa.

O obxectivo é facer unha homenaxe a escala mundial ao Camiño de Santiago no día grande do Apóstolo, a través desta arte efémera de gran presenza en Galicia.

Un evento único

A iniciativa converterase no evento de exposición de alfombras florais máis grande celebrado nunca. Esta impulsado pola Comisión Xestora de Entidades Alfombristas do Camiño de Santiago. Polo momento rexistráronse máis de 300 cidades, das cales 105 son españolas (30 galegas), 74 italianas, 28 da India, 22 de México, 15 de Portugal e o resto repartidas polos cinco continentes.

O 25 xullo, co gallo da festividade do Apóstolo, exhibirase en Santiago, nunha localización aínda por concretar, unha alfombra co deseño escollido dun tamaño de oito por oito metros. O mesmo día, todas as vilas inscritas na iniciativa, exporán unha versión da alfombra que terá como base o deseño orixinal, pero que será elaborada seguindo a súa propia técnica e estilo, e na que terán que incluír o nome da cidade participante e os quilómetros que a separan de Compostela. Para o concelleiro Sindo Guinarte, “unha ocasión extraordinaria para realzar máis aínda o atractivo patrimonial da cidade”, e unha maneira de “tomar conciencia da universalidade de Santiago como destino de peregrinación”.

O deseño, seleccionado por votación de toda a comunidade de alfombristas, é creación do portugués Antonio Cunha de Setúbal e inclúe a Cruz de Santiago como o faro que guía aos peregrinos cara a poñente. Ademais, a alfombra é unha alegoría das vidreiras que se poden atopar na igrexas e catedrais ao longo do camiño a Santiago.

Post navigation

Previous: I edición do Premio de Literatura Infantil Simbad para o Recordo e o Alzhéimer
Next: Oroso pecha o 2021 cun remanente de tesourería de 1.735.052,23 euros

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.