Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Touro

Un San Silvestre con sendeirismo para pechar o ano en Touro

A empresa Patrimonea segue poñendo en valor os roteiros do concello e en este caso o faran conmemorando o San Silvestre.
patrimonea-roteiro-touro-slide-9-decembro-2021_r

Touro, 9 de decembro do 2021 – A empresa Patrimonea segue poñendo en valor os roteiros do concello e en este caso o faran conmemorando o San Silvestre.

 A cita o vindeiro 26 de decembro e o roteiro será o denominado “camiños da historia”. Patrimonea sustitúe de este xeito as habituais carreiras de San Silvestre por un paseo polo patrimonio natural de Touro.

A idea de organizar este evento xurdiu ao fío da tradición dos eventos deportivas que se celbran para rematar o ano.Desde a empresa explican que “sen embargo estas propostas poucas veces teñen lugar en espazos rurais a pesares da potencialidade que ofrecen para programar actividades en enclaves naturais e dunha inmensa beleza”.

A pesares de que neste caso é unha proposta da empresa sen apoio institucional, apuntan que están abertos a organizar roteiros deste tipo para aqueles concellos e entidades que queiran celebrar o fin de ano poñendo en valor a súa contorna.

Darío Rey Suárez, o fundador de Patrimonea, deseñou un itinerario inédito duns 11 quilómetros que ten como principal interese o seu valor histórico. O inicio ten lugar na carballeira de Brandelos, un enclave natural coñecido polas súas augas mineromedicinais de poder curativo que xa tiñan fama entre os médicos santiagueses no século XIX.

Durante o percorrido recorreranse camiños, nun entorno caracterizado polo bosque autóctono e a continua presenza da auga, nos que algúns investigadores sitúan a vía romana XIX que unía Braga con Astorga.  Esta idea vese reforzada por outros dous puntos estratéxicos que poderán disfrutar os sendeiristas.

O primeiro deles é o castro situado no Coto de San Sebastián, o punto máis alto do concello de Touro.  Dende este lugar priviliexado os participantes na ruta divisarán unha singular xoia arqueolóxica: o campamento romano de O Castrillón. Este campamento foi descuberto polo grupo de investigación Romanarmy, no que participan investigadores da Universidade de Santiago de Compostela, e supón unha auténtica revolución no coñecemento sobre a conquista de Gallaecia por parte das tropas romanas.

A fervenza do Batán, o hórreo BIC de Outeiro ou un serradoiro hidráulico serán  outros dos puntos de interese que poñerán a guinda a este roteiro de dificultade media. Ao finalizar o roteiro os sendeiristas poderán disfrutar das vistas que ofrece o mirador de Pena sobre un meandro do río Ulla rodeade de bosque autóctono.

 O punto de encontro dos participantes será Café-Bar A Peneira en Fonte Díaz ás 09:30. Os interesados en inscribirse a esta ruta atoparán toda a información na web de Patrimonea , nas redes sociais ou mediante un whatsapp ao 699680217. Hai cotas reducidas para aqueles que se inscriban antes do 14 de decembro.

Post navigation

Previous: O persoal seguirá sendo o problema do parque comarcal de bombeiros
Next: A Banda Recreativa e Cultural da Bandeira soa a ruso en Silleda

Máis novas

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

15 DJs, selectoras e coleccionistas en tres xornadas dedicadas á cultura do disco como parte do WOS
3 minutes read
  • Xeral

O WOS Festival incluirá o evento Muelle 1931 Shop

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (733) Politica (945) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.