займ срочно

Un positivo na residencia de Silleda pese a estar todos vacinados

0

Silleda, 11 de marzo do 2021 – A residencia de maiores de Silleda comunica a aparición dun novo positivo pese a manter todas as restricións e as medidas preventivas necesarias.

O positivo de Silleda apareceu durante o cribado semanal que a residencia realiza a internos e maiores. O caso aparece seis semanas despois de ser todos (equipo e pacientes) vacinados contra o Coronavirus.

Sin síntomas previos

Trátase dunha paciente da residencia que non presentou ningún tipo de síntoma durante as pasadas semanas.  En canto se coñeceu o seu positivo, a paciente foi derivado ao Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela onde lle foi practicada a proba PCR, sendo o seu resultado tamén positivo.  A paciente atópase en bo estado e sen ningún síntoma de COVID-19.  Onte fíxose un novoun cribado entre todos os residentes e os integrantes do equipo.

A Residencia asegura ter cumprido todos os protocolos de atención e seguridade, velando sempre pola saúde dos maiores. Illáronse, restrinxiron as visitas,  vacináronse en canto foi posible e intensificaron as medidas de prevención.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies