Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Boqueixón

“Un mes e Pico” chega a súa oitava edición

Vista do Pico Sacro en Boqueixón, onde se celebra o programa Un mes e pico

Boqueixón, 07/07/2026 – Boqueixón organiza a oitava edición do ciclo “Un mes e Pico”, unha iniciativa nacida para poñer en valor o Monte Ilicino e promover a súa declaración como Ben de Interese Cultural (BIC), algo conseguido o pasado 22 de xuño cando a Xunta de Galicia publicaba no DOG o inicio do expediente de incoación para declarar BIC o patrimonio inmaterial do conxunto simbólico do Pico Sacro.

“Un mes e Pico” arrincará este sábado 11 de xullo coa actividade “O Pico Sacro e os 4 elementos da natureza”, unha iniciativa que a través de dinámicas de mindfulness, movemento consciente e arteterapia permitirá ás persoas participantes descubrir como os Monte Ilicino está conectado cos catro elementos da natureza. Unha actividade gratuíta promovida polo GDR Terras de Compostela e dirixido a persoas adultas, que terá unha duración de dúas horas.

Para participar só é preciso cubrir un formulario (https://forms.gle/EupijFxRZuCepN6t6), dispoñible a través das redes sociais do GDR Terras de Compostela e na web co Concello de Boqueixón (www.boqueixon.gal). O punto de encontro será o aparcadoiro do Pico Sacro, ás 10:00 horas.

Conferencias

A maiores, o ciclo “Mes e Pico” incluirá tres conferencias, todas elas na Capela de San Sebastián, ás 19:00 horas. A participación é totalmente de balde, se ben o número de prazas é limitado, polo que será precisa inscrición previa en boqueixonturismo@gmail.com ou chamando ao 981 513 061 (Departamento de Formación, Emprego e Turismo).

A primeira conferencia terá lugar o sábado 18 de xullo e correrá a cargo dos historiadores Henrique Neira e Pablo Sanmartín, que falarán sobre historias e lendas do Pico Sacro a través de gravados e imaxes. Un día despois, o domingo 19 de xullo, será a ocasión de Thibault Saintenoy, que dará a conferencia: “O que fan as montañas sagradas: testemuñas antigas e sentidos presentes desde os Andes”.

Pechará o ciclo César González García, doutor en Astrofísica, expresidente da Sociedade Europea de Astronomía e membro da delegación en Galicia do Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC). Se en 2025 disertara sobre “O ceo e o Pico Sacro”, nesta ocasión falará sobre “Eclipses na historia e nas culturas”

Post navigation

Previous: Curtocircuíto clausura a súa 23ª edición
Next: Compostela Convive lévanos pola gastronomía de Malí, Marrocos e Palestina

Máis novas

diego luis diaz alcalde val do dubra primer plano 5 outubro 2026
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Diego Luís Díaz, alcalde de Val do Dubra

a banha nova umeracion 5 outubro 2026
3 minutes read
  • A Baña

A Baña prepara a nova numeración municipal en 11 parroquias

santa comba mellora de viarios 5 outubro 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Santa Comba licita a mellora de viarios

museo do pobo programacion slide otubro (3)
6 minutes read
  • Xeral

Outubro no Museo do Pobo Galego

ateneo avaro ortiz 5 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Álvaro García Ortiz da unha conferencia no Ateneo

deputacion-variante-cacheiras-slide-18-outubro-2018_r
2 minutes read
  • Xeral

Problemas nas obras da variante de Cacheiras

compostela-transporte-urbano-slide-30-agosto-2022_r
2 minutes read
  • Xeral

O concello de Teo esixe manter a liña 12 do urbano de Santiago

usc territorios que lideran 2 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

A USC impulsa o Foro “Territorios que lideran”

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2814) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (449) Educación (776) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (823) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (735) Politica (949) saúde (533) Servizos (2698) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (585) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.