Bisbarra, 20 de xullo do 2023 – A mostra de artesanía denominada Un Mercado en cada Porto chega esta fin de semana a Portosín e estará na Praza do Curro sábado e domingo.
Un Mercado en cada Porto é un mercado galego liderado por mulleres artesás que chega a súa terceira edición. O obxectivo é colaborar con proxectos como QuerENDO, unha asociación que axuda a divulgar información sobre a Endometriosis, e Apotheca, un proxecto que promove o emprego para mulleres vítimas de violencia machista.
A mostra estreou a súa III edición dentro do programa Fisterra Blues, que tivo lugar a primeira fin de semana de xullo en Fisterra; a pasada fin de semana recalou en Rianxo, dentro do programa de actividades da Festa do Carmen.
Despois das dúas primeiras paradas Un Mercado en cada Porto estará en Portosín o 22 e 23 de xullo, 12:00 ata as 20:00, con máis de 20 marcas que destacan as labores de mulleres artesás de Galicia.
Este ano, estrean ademais o programa ONyVÁ! Emprende, para axudar a impulsar marcas emprendedoras lideradas por mulleres permitíndolles participar de forma gratuíta nun dos nosos mercados para dar a coñecer a súa marca.