Teo, 25 de outubro do 2021 – A nota difundida a pasada semana en Teo por un membro da lista do Partido Popular, PP, abriu a porta a todo tipo de especulacións.
Lindeiros acudiu á fonte para saber que motivou a José Manuel Mayo a facer visible, de xeito tan claro, o seu descontento co concello e co PP.
Mayo é presidente de tres asociacións na parroquia de Cacheiras. É coñecido pola súa participación desde hai 20 anos na vida da parrioquia e asegura que a veciñanza sabe do seu traballo.
José Manuel Mayo foi no número 9 nas listas do Partido Popular de Teo. Un dos motivos para o seu comunicado foi a decepción sufrida pola «inactividade» do partido.
A súa crítica está dirixida tamén á xestión do concello. Considera que Teo non crece como o resto da bisbarra e non é escoitado nas institucións.
Mayo recoñece que algúns veciños queren que se presente ás eleccións. É algo que non descarta aínda que terá que valorar se encabeza unha proposta ou intégrase en outra lista.
O que está claro e que Teo convertese no concello no que máis cedo comeza a campaña do 2023.