Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Compostela
  • Xeral

Un documental mostra a arquitectura da Praza de Abastos de Compostela

O Salón Teatro acollerá o vindeiro martes, a presentación do documental “Os segredos do Mercado de Abastos de Santiago de Compostela”.
documental-praza-abastos-santiago-slide-normal-28-abril-2022_r

Compostela, 28 de abril do 2022 – O Salón Teatro acollerá o vindeiro martes, as sete da tarde, a presentación do documental “Os segredos do Mercado de Abastos de Santiago de Compostela”.

Trátase dun proxecto audiovisual que amosa os segredos arquitectónicos dunha das pezas máis singulares nas construcións europeas do século XX, realizada polo mestre asturiano Joaquín Vaquero Palacios (1900-1998). O documental foi dirixido pola arquitecta e investigadora Ruth Varela e polo videógrafo Pablo Goluboff e realizado ao abeiro do Fondo de Proxectos culturais Xacobeo 21-22 da Xunta de Galicia.

A peza está apoiada pola Asociación cultural Flor de Santiago e Unidade de investigación Paisaxe, Arquitectura e Cidade, pARQc, da Escola Técnica Superior de Arquitectura, ETSAC, da Universidade da Coruña.

No documental participan ademais os arquitectos e profesores da ETSAC: Fernando Agrasar Quiroga, Ángeles Santos Vázquez, Enrique Seoane Prado e Sonia Vázquez Díaz; Joaquín Vaquero Palacios, arquitecto e neto de Joaquín Vaquero Palacios, e o canteiro David Soengas Ben.

O arquitecto Joaquín Vaquero Palacios (1900-1998) expresaba deste xeito os motivos que o levaron a residir en Compostela e a aceptar o encargo de proxectar a nova Praza de Abastos: «Entusiasmado de Galicia, recorrí sus caminos, visité sus aldeas y sus ciudades, cambié impresiones con sus gentes, escuchando su lenguaje musical, sus sentencias impregnadas de una filosofía profunda, y en mis recorridos fui atraído muy particularmente por la abundancia y la diversidad de granitos que existen y por el inteligente y hábil aprovechamiento que los gallegos hacen de ese precioso material» (…). «Santiago de Compostela me sedujo con tal fuerza y tal dulzura que me quedé varios años allí».

Os segredos do Mercado de Abastos de Santiago de Compostela é un documental realizado a partir dos resultados dun proxecto de investigación, até o de agora inédito, levado a cabo pola arquitecta Ruth Varela e quere amosar ao gran público as últimas indagacións sobre este fascinante mercado que foi pensado para lograr integrar a aldea e o campo na cidade, o románico co barroco e a tradición coa contemporaneidade.

 Alén diso, esta peza audiovisual quere ser, ao tempo, unha lección de arquitectura, un recoñecemento ao arquitecto Vaquero Palacios e, moi especialmente, unha sentida homenaxe á Praza de Abastos, e a todo o que esta praza significa para Compostela, nun momento delicado no que o debate sobre o produto e o comercio de proximidade, e sobre a soberanía alimentaria, é máis importante que nunca.

Moi celebrado dende a súa inauguración en 1945, e actualmente un dos lugares máis visitados de Compostela, non obstante os seus valores e riqueza cultural seguen a ser descoñecidos. Esta peza audiovisual é a primeira produción que aborda no seu conxunto os detalles deste interesante exemplo de mercado que resulta ser, pola súa concepción innovadora e plasmación arquitectónica, único no mundo.

O documental Os segredos do Mercado de Abastos de Santiago de Compostela reúne a maior colección de fotografías e documentos inéditos sobre esta emblemática peza da arquitectura compostelá, grazas á xenerosa colaboración de numerosos arquivos e coleccionistas públicos e privados. Entre eles, o AHUS da Universidade de Santiago, a Biblioteca da ETSAC, UDC, o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento do CSIC, o CGAI, o Archivo Vaquero de Segovia,

Post navigation

Previous: “Os sons da pedra”, un programa de actividades e concertos arredor do traballo do Mestre Mateo
Next: A concellería de Cultura abre no Milladoiro unha nova aula de informática

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.