Bisbarra, 21 de marzo do 2022 – O BNG de A estrada mostra a súa preocupación pola posible construción dun centro ictioxénico no Xirimbao.
O proxecto forma parte do proxecto que a Xunta denomina Mil Ríos e que ten como finalidade a mellora de 470 kilómetros en 50 cursos fluviais. A iniciativa no Xirimbao ten, según os nacionalistas, “aspectos positivos” pero desconfían da súa concreción.
Susana Cama, voceira do BNG, lembra que “a Xunta de Manuel Fraga construíu un centro ictioxénico que custou 600.000 euros e que nunca chegou a funcionar, nunca se puxo en marcha, e o que é peor, acabou sendo desmantelado polos amigos do alleo”.
O proxecto Mil Ríos sería bo xa que “permitiría restaurar os nosos ríos, incrementar a biodiversidade e sobre todo, eliminar especies invasoras das marxes dos ríos”.
Camba engade que “a idea é boa e seguramente a intención tamén, mais o que non pode ser é volver a tirar nunha silveira miles de euros, construír un parapeto para logo quedar en desuso até que acabou desmantelado. En Couso xa había un centro ictioxénico que custou miles de euros que nunca funcionou, agora non pode pasar o mesmo”.
O BNG estradense cre que “A Xunta ten que dar garantías de que se poñerá en marcha este proxecto, os ánimos dos veciños e veciñas non están para que se tiren novamente os cartos”.
Pour outra banda Susana Camba considera lóxico que “a Xunta reaproveite o espazo do vello centro ictioxénico para construír o novo, mais se polas circunstancias técnicas que sexa este non serve, a administración autonómica ten que limpar e eliminar os restos do centro antigo, algo que encaixa na filosofía do Proxecto Mil Rios”.