займ срочно

Un bambán para o Pico da Santa Mariña

0

A Baña, 28 de xaneiro do 2022 – O Pico da Santa Mariña, o cumio máis alto da Baña estre un roteiro, un bambán e un banco para disfrutar das vistas desde o alto.

O percorrido ata a Santa Mariña leva uns vinte minutos por este novo roteiro de sendeirismo de apenas 1.200 metros. O camiño conta con sinais en madeira que parten da estrada que une O Barro con Cabanas.

A iniciativa, bautizada como “Desde A Baña á terra-Desde A Baña ao aire”, responde ao desexo da Concellaría de Promoción de Vida Activa e Deportiva de ampliar as propostas saudables de lecer e tempo libre ao mesmo tempo que se promociona o municipio como destino turístico.

Unha vista única

O alto do cumio ofrece ao visitante unha panorámica de 360 grados sobre lugares tan emblemáticos como o Pico Sacro ou  os montes Iroite e Pindo. O novo bambán e o banco comparten agora espazo co vértice xeodésico construído no ano 1981 xunto aos restos da antiga ermida de Santa Mariña, levantada posiblemente en época medieval e derrubada a finais do século XVIII. A tradición di que o propio monte tiña un carácter sagrado e orientaba ventos e choivas.

Entre os itinerarios alternativos que permiten acceder ao Pico de Santa Mariña atópase a Ruta do Progreso, un percorrido circular de preto de once quilómetros creado polo alumnado do colexio de San Vicente da Baña e que parte do núcleo urbán de San Vicenzo para pasar, entre outros lugares, pola antiga fábrica de luz e o pazo de Leis.

O Concello da Baña xeolocalizou a nova atracción do municipio en Facebook e Instagram coa dobre finalidade de facilitar o acceso e convidar a veciñanza e visitantes a etiquetar a ubicación das fotos que fagan. Un bo lugar para deixar o coche é a aldea do Barro. Pero, no caso de non poder ou non querer camiñar, o certo é que os automóbiles chegan ata o cumio. O desvío é o mesmo da ruta sendeirista.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies