Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Axenda

Un ano máis activamos a campaña Subscríbete ao galego

PuntoGal, Dinahosting e a Asociación de Medios en Galego celebran o xornalismo na nosa lingua

Cartel da campaña suscríbete ao galego

Compostela, 29/04/2026 – Neste mes de maio e, con motivo do Día das Letras Galegas e o Día de Internet, a Asociación de Medios en Galego (mediosengalego.gal), a provedora de servizos dinahosting (dinahosting.gal) e PuntoGal (dominio.gal) unen esforzos para apoiar o uso do galego nos medios de comunicación a través da iniciativa “Subscríbete ao galego”.

Dende o 17 de maio ata o 31 do mesmo mes, as persoas que se subscriban nalgún dos medios participantes na campaña recibirán un dominio.GAL e un hosting totalmente de balde durante o período dun ano. Este agasallo está valorado en máis de 170€.

Os usuarios beneficiarios recibirán os seus códigos para obter o seu hosting e dominio gratis ata o 30 de xuño.

Razóns de “Subscríbete ao galego”

Nun contexto cada vez máis global e profundamente condicionado polo uso das tecnoloxías dixitais, a Asociación de Medios en Galego, dinahosting e PuntoGal unen esforzos para promover unha maior presenza da nosa lingua na Internet.

A través desta iniciativa, as persoas beneficiarias poderán acceder gratuitamente a un dominio .GAL e a un servizo de hosting web, o que lles permitirá dispoñer dunha conta de correo profesional co seu propio dominio e poñer en marcha o seu proxecto web sen afrontar custos iniciais.

Trátase dunha oportunidade para impulsar a creación de contidos en galego e avanzar na normalización do idioma tamén no ámbito dixital. Ao mesmo tempo, esta campaña contribúe a fortalecer os medios participantes. Ofrecer valor engadido ás persoas que decidan subscribirse é unha fórmula eficaz para ampliar a base social e reforzar a presenza e a relevancia dos medios en galego.

Os medios con subscrición que participan nesta campaña son:

A movida

A Trabe de ouro

Código Cero

Mallando no Android

Mazarelos

Nós Diario

O Salto Galiza

Ouke!

Praza.gal

Revista Grial

Revista Luzes

Tempos novos

Tempos dixital

Medios sen subscrición que participan na campaña son:

AMSGO!

A Nova Peneira

A Xente de Teo

Bisbarra

Biosbardia

Boísimo

Crónicas da comarca

Ecos da Comarca

Emuga

Galicia Confidencial

Gciencia

Galicia Xa

Lindeiros

Nós Televisión

O Barbanza

O Sil

Picheleiro

Ponte nas… Ondas!

Que pasa na costa

Revista Pincha

Xornal da Coruña

Xornal da Estrada

Sobre PuntoGal

PuntoGal é a entidade xestora do dominio galego desde 2014. Constituída en 2006, desenvolve o seu traballo en tres ámbitos principais: xestión de dominios, representación de Galicia nos organismos de xestión da rede a nivel internacional e accións corporativas de apoio a iniciativas no ámbito da tecnoloxía, a rede, a lingua e a cultura. A día de hoxe hai en torno a 7.700 dominios .gal rexistrados. Para máis información: dominio.gal.

Sobre Dinahosting

Dinahosting leva máis de 20 anos ofrecendo solucións para todo tipo de proxectos web, dende as páxinas máis sinxelas ás infraestruturas online máis esixentes. O noso equipo humano e a nosa aposta polas tecnoloxías de última xeración permiten responder aos clientes na maior brevidade e en todo momento. Ademáis é un único rexistrador autorizado por ICANN en Galicia para a venda de dominios. Para saber máis: dinahosting.gal

Sobre AMEGA

AMEGA nace no 2013 cos principais obxectivos de defender os intereses dos seus asociados favorecendo así o fortalecemento dos medios de comunicación en galego, contribuíndo ao proceso de asentamento do sector e á consolidación dun espazo de comunicación en galego, fomentando a súa presenza pública, tanto individual como conxunta.
Máis información en mediosengalego.gal

Post navigation

Previous: A Deputación leva investidos en Vedra máis de seis millóns de euros
Next: Unha andaina polo mar de ovellas

Máis novas

diego luis diaz alcalde val do dubra primer plano 5 outubro 2026
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Diego Luís Díaz, alcalde de Val do Dubra

a banha nova umeracion 5 outubro 2026
3 minutes read
  • A Baña

A Baña prepara a nova numeración municipal en 11 parroquias

santa comba mellora de viarios 5 outubro 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Santa Comba licita a mellora de viarios

museo do pobo programacion slide otubro (3)
6 minutes read
  • Xeral

Outubro no Museo do Pobo Galego

ateneo avaro ortiz 5 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Álvaro García Ortiz da unha conferencia no Ateneo

deputacion-variante-cacheiras-slide-18-outubro-2018_r
2 minutes read
  • Xeral

Problemas nas obras da variante de Cacheiras

compostela-transporte-urbano-slide-30-agosto-2022_r
2 minutes read
  • Xeral

O concello de Teo esixe manter a liña 12 do urbano de Santiago

usc territorios que lideran 2 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

A USC impulsa o Foro “Territorios que lideran”

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2814) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (449) Educación (776) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (823) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (735) Politica (949) saúde (533) Servizos (2698) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (585) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.