Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela

Ulrich Seidl protagonizará unha retrospectiva no Curtocircuito 2018

ultra-pulpe-slide_r

Ultra Pulpe, (Bertrand Mandico)

Table of Contents

Toggle
  • Compostela, 29 de agosto do 2018 – A un mes de que comece o Curtocircuito 2018 danse a coñecer os primeiros protagonistas entre os que destaca Ulrich Seidl que protagonizará unha retrospectiva.
    • Primeiros abonos integrais a prezo reducido

Compostela, 29 de agosto do 2018 – A un mes de que comece o Curtocircuito 2018 danse a coñecer os primeiros protagonistas entre os que destaca Ulrich Seidl que protagonizará unha retrospectiva.

Curtocircuíto celebrará o seu décimo quinto aniversario do 29 de setembro ao 7 de outubro. Ademais de repasar o traballo do austríaco Ulrich Seidl o Festival ofrecerá unha segunda retrospectiva, a primeira en España, da figura de Bertrand Mandico. Por outra banda Jessica Sarah Rinland será a protagonista da sección Pulsar. Os abonos integrais para asistir a todas as proxeccións e todos os concertos desta edición poden adquirirse a un prezo reducido de 20 € ata o 31 de agosto.

Ulrich Seidl

Ulrich Seidl (Viena, 1952) é un dos grandes nomes do cinema de autor das últimas décadas. O cineasta austríaco comezou a súa carreira en 1980 co filme One Forty e continuou con filmes premiados como Good News (1990), sobre vendedores de periódicos en Viena; Animal Love (1995), arredor da intensa relación de diversas persoas coas súas mascotas; ou Models (1998), que afonda na vida privada de tres modelos. Xa nestas obras iniciais aparece o retrato da hipocrisía das convencións sociais occidentais que caracteriza a súa obra. A consagración chegoulle con Dog Days, que gañou o Premio Especial do Xurado no Festival de Venecia de 2001. Dende entón, filmes como Import Export (2007), a exitosa triloxía Paradise (2012) ou Safari (2016) pasaron polas seccións oficiais de Cannes, Berlinale e Venecia ao tempo que protagonizaban controvertidas estreas polo seu achegamento a temas como o turismo sexual, a fe cristiá ou a caza. Do mesmo xeito, as obras do cineasta acadaron premios en festivais coma a Viennale, Gijón, Sevilla ou Karlovy Vary.

Segundo Pela del Álamo, director artístico do festival, «Ulrich Seidl é un dos mestres do cinema contemporáneo, non unicamente pola súa virtuosa procura dos límites entre realidade e ficción, senón pola súa capacidade de xerar unha empatía que redime os personaxes do grotesco, deixando espazo para que os espectadores poidamos sentir e conectar con eles segundo as nosas propias vivencias».

Brothers, Let Us Be Merry (Ulrich Seidl)

A vontade transgresora de Seidl compártea o director francés Bertrand Mandico (Toulouse, 1971), singular polo seu bizarrismo cromático, un estilo ecléctico coa capacidade de crear universos dunha imaxinación visual desbordante, fusionando e desintegrando os xéneros tanto no sentido narrativo como no sexual. «Atópome nun contexto moi queer, que asocio tamén cunha sorte de underground, de vangarda, que está basado no que non é a norma sexual e está máis no campo da investigación, poderiamos dicir, ou da apertura de mente». Tras formarse en animación en Gobelins, Mandico escribiu e dirixiu numerosos filmes nos que utiliza de xeito extravagante todo tipo de técnicas artísticas: fotografía, collage, debuxos… Entre eles destacan Prehistoric Cabaret (2014), Notre-Dame des Hormones (2015) ou a longametraxe Les garçons sauvages (2017), estreada no Festival de Venecia. Na actualidade o cineasta está a traballar nun proxecto de 21 películas en 21 anos con Elina Löwensohn, unha reflexión sobre o estado físico da actriz e a ficción. A de Curtocircuíto, que levará o nome de Une rétrospective a Bertrand Mandico avec son actrice fetish Elina Löwensohn será a primeira retrospectiva que se lle adique en España.

Ultra Pulpe, (Bertrand Mandico)

A sección Púlsar, que cada edición pon en valor a cineastas emerxentes, será a que poña, tamén por primeira vez en España, o foco sobre o traballo de Jessica Sarah Rinland, unha das promesas do cinema experimental actual. Tendo a sétima arte como eixo principal, a súa obra, ao igual que no caso de Mandico, dialoga con disciplinas como a fotografía e a etnografía. A cineasta arxentino-británica ten exposto a súa obra en galerías, festivais de cinema e universidades, tales como o New York Film Festival, o BFI London Film Festival, Rotterdam, Oberhausen, o Festival Internacional de Cine de Edimburgo e Bloomberg New Contemporaries. Actualmente é artista asociada en Somerset House Studios e bolseira do Centro de Estudos Cinematográficos da Universidade de Harvard.

Neste 15º aniversario, o Festival Internacional de Cine de Santiago de Compostela, que organiza o Concello de Santiago, subvenciona a Deputación da Coruña e conta coa colaboración da AGADIC, continuará a virar dende a curtametraxe cara contidos interdisciplinarios, afondando na fusión entre diferentes artes. Máis aló do cinema, Curtocircuíto realizará un completo programa dando continuidade a ‘Arredor do son’, no que tamén haberá espazo para a música e o pensamento con proxeccións, actividades formativas e diversas performances que terán lugar en diferentes emprazamentos da cidade.

Expression of the Sightless, (Jessica Sarah Rinland)

Primeiros abonos integrais a prezo reducido

Ata este venres 31 de agosto poden adquirirse a través de Entradas Abanca os abonos integrais para a 15ª edición de Curtocircuíto. Estes abonos, dispoñibles a un prezo reducido de 20 €, darán acceso a todas as proxeccións e concertos do festival, que celebrará dende o 29 de setembro ata o 7 de outubro. Quen faga agora a súa compra poderá retirar os abonos dende o 24 de setembro no despacho de billetes do Teatro Principal de Santiago de Compostela.

A partir do 1 de setembro tamén será posible adquirir abonos integrais a un prezo de 30 € e abonos de proxeccións e concertos por separado, a un prezo de 18 € cada un, polo que a oferta inicial é perfecta para as espectadoras e espectadores que queiran gozar ao completo de Curtocircuíto.

Post navigation

Previous: Touro formará parte da ruta internacional de cicloturistas EuroVelo
Next: As posturas de Policía e Goberno afástanse aínda máis en Ames

Máis novas

compostela informe icomos gargolas 10 novembro 2026
8 minutes read
  • Xeral

Veciños e asociacións valoran o informe de ICOMOS sobre as gárgolas do Hostal

compostela arco de mazarelos_good 7 novembro 2026
3 minutes read
  • Compostela

Unha nova vida para o Arco de Mazarelos

ateneo desafios intelixencia artificical 7 novembro 20226
2 minutes read
  • Xeral

Os desafíos da Intelixencia Artificial nos Luns do Ateneo

deputacion via verde remata en marzo 6 de novembro 2026 (1)
4 minutes read
  • Xeral

A Vía Verde podería estar rematada en marzo

KD&L
3 minutes read
  • Axenda

Kitty, Daisy e Lewis abren o Outono Códax Festival

cineurop a40 aniversario 2 novembro 206
8 minutes read
  • Axenda

Cineuropa celebra 40 anos

foto manuel martínez ONCE
5 minutes read
  • Compostela

Manuel Martínez Pan, delegado da ONCE na Galiza: “Lamas, unha persoa cega, foi pioneiro do xornalismo”

compostela un banco para compartor 21 outubro 2026
3 minutes read
  • Xeral

Un banco para compartir en Compostela

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (116) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2831) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (835) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (740) Politica (951) saúde (534) Servizos (2705) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.