Compostela, 1 de xuño do 2018 – Tussa, a empresa municipal que xestiona o transporte urbano en Compostela, asumirá desde o día 15 a xestión da ORA e do guindastre.
Ao mesmo tempo que Tussa asuma a xestión entrará en funcionamento unha aplicación que permite o pago desde o teléfono móbil. Esta aplicación sustituirá a actual, Moviltik, polo que desde o concello recoméndase agotar o saldo nas vindeiras dúas semanas.
O pasado mércores comunicóuselle a Setex os cambios na xestión do servizo. O explicaba en rolda de prensa o concelleiro Xan Duro e o responsable de Tussa, José Ramón Mosquera. Duro explicaba que “a asunción directa atrasarase uns días sobre os prazos inicialmente previstos por mor da escasa colaboración mostrada pola empresa durante o proceso de municipalización, en cuestións concretas como o traspaso da aplicación para o pago desde o móbil. Por este motivo contratouse unha nova app e consideramos necesario dar un prazo para informar á cidadanía deste cambio, e permitir que os usuarios e usuarias esgoten o diñeiro que tiveran acumulado en E-park, ainda que Setex se comprometeu a devolver o diñeiro non gastado antes do día 15”. Xan Duro tamén apuntou que a nova aplicación, Moviltik, “será a utilizada durante un período de transición estimado dun ano, pero a intención é licitar posteriormente o servizo, previsiblemente de forma conxunta coa aplicación no novo contrato do transporte urbano”.

A nova app
Mosquera, xerente de Tussa, asegurou que a nova aplicación “é moi sinxela e de fácil comprensión para calquera usuario ou usuaria”. Explicou que, como ata agora, a app elimina a necesidade de desprazamentos ata o parquímetro para validar o ticket da ORA, pero cun sistema de pago diferente do actual. A principal novidade é que o sistema de E-park “obrigaba a insertar unha determinada carga no moedeiro, o que significaba adiantar os cartos para a súa utilización posterior e que Setex fora depositario inicial do diñeiro”. Agora, con Moviltik, os usuarios e usuarias pagarán unicamente polo tempo exacto no que os seus vehículos estean estacionados “sen depositarios, porque o pago vai directamente á tarxeta dos condutores e condutoras”. Por iso, a app “conta cunha opción denominada Desaparcar, que os condutores e condutoras teñen que premer cando abandonen a súa praza de xeito que abonarán a cantidade correspondente ao tempo exacto no que estiveron estacionados”.
A app Moviltik está dispoñible para a súa descarga nas plataformas Android e Iphone, e estará activa para Compostela a partir do 15 de xuño. Mosquera recoñeceu que “o bo funcionamento da aplicación para o pago dende o móbil é unha das preocupacións de Tussa durante o proceso de municipalización, porque é un sistema que utilizan o 33% dos condutores e condutoras e un asunto polo que se veñen interesando as persoas usuarias reiteradamente nos últimos meses”. O xerente de Tussa tamén salientou que esta aplicación “é moi ben valorada polo 85 por cento dos usuarios porque é cómoda, sinxela e moi segura”.
Período de transición
O concelleiro Xan Duro reiterou que “para o Goberno e para Tussa, os meses do verán serán un período de transición, no que debemos afacernos á xestión directa do servizo, en continuo contacto cos traballadores e traballadoras subrogados aos que hai que agradecer a súa vontade de colaboración desde o inicio do proceso”. O edil apuntou que “a partir do outono traballarase en novos retos para mellorar o servizo, dende o convencemento de que a xestión directa da ORA e do guindastre nos permitirá tomar decisións acordes cun modelo de mobilidade máis sostible e que favorezan á cidadanía de Compostela”.
