Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Lalín
  • Vila de Cruces
  • Xeral

Nova paralización do TSXG dun polígono eólico

adega-paralizacion-eolico-deza-slide-18-xunho-2024_r

Bisbarra, 18 de xuño do 2024 – O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, TSXG, paralizou cautelarmente  o proxecto eólico Rodeira, promovido por Green Capital Power S.L. nos concellos de Vila de Cruces e Lalín.

Igrexa do Corpiño que se vería afectada polo proxecto

A resolución do TSXG deixa temporalmente sen efecto a resolución da Dirección Xeral de Planificación Enerxética de 24 de abril de 2023. A suspensión manterase mentres non haxa sentenza relativa ao recurso contencioso-administrativo interposto por ADEGA contra este megaproxecto.

As razón esgrimidas polo TSXG para a paralización son, como na maioría dos casos, os indicios de que os danos que este proxecto exercería no medio ambiente poderían ser irreparábeis. ADEGA achegou probas de que “Rodeira” estarían proxectado nunha zona de máxima sensibilidade ambiental e moi próxima a diversos núcleos de poboación.

Esta situación afectaría de forma singular a especies de avifauna e outras catalogadas.O auto de suspensión explica que “a mera posibilidade de que se produza un dano irreparábel ou de difícil ou incerta reparación – aínda adoptando medidas correctoras sobre as zona protexidas-, ao ser prevalente o interese xeral en manter indemnes eses espazos públicos, sobre o particular que ten a promotora do parque eólico en executar de forma inmediata o proxecto autorizado, por moi lexítimo que sexa o seu dereito”.

Advirte o TSXG que as medidas protectoras, correctoras e/ou compensatorias non implican que se neutralice o risco que se trata de evitar coa medida cautelar se existen espazos de especial protección ou especies vexetais ou animais en especial risco de desaparición, como é o caso.

Afeccións á Rede Natura e á avifauna protexida

O proxecto eólico Rodeira autorizado pola Xunta prevía a instalación de dous aeroxeradores cunha potencia total de 12,6 MW e 240 metros de altura. Este polígono exercería unha influencia negativa sobre o espazo natural protexido como Rede Natura 2000 “Sistema Fluvial Ulla”, sobre o patrimonio cultural da zona -BIC Mosteiro de Carboeiro, o Santuario do Corpiño- ou sobre o Observatorio astronómico de Vila de Cruces.

Desde ADEGA tamén se considera incompatible este polígono eólico coa supervivencia da aves e morcegos que están en estado de vulnerabilidade (Circus pygargus, Circus cyaneus, Rhinolophus ferrumequinum, Myotis myotis) e en perigo de extinción, como o millafre real (Milvus milvus).

 Rodeira, xunto cos parques eólicos Cunca e Mesada, tería sido resultado da fragmentación artificial dun único macroproxecto eólico, artellada coa finalidade de esquivar unha rigorosa avaliación ambiental.

Post navigation

Previous: Suspenden durante un ano as licencias comerciais no casco vello de Compostela
Next: 10 anos de Maker Faire Galicia

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.