Teo, 16 de novembro do 2021 – Ramón González ten a sorte de facer da súa afección o seu modo de vida, así naceu Troquel Games.
Calo, en Teo, ten moitas cousas, ademais da nefasta canteira, e unha delas é a nave á que se trasladou hai tempo Troquel Games. O que naceu como un pasatempo non deixou de crecer converténdose nunha das primeiras fábricas de xogos de mesa da península.
Troquel Games comezou hai seis anos cun pequeno taller na casa de Ramón González. Deseñaba e traballaba el só e de feito a empresa segue a ser tamén editora. Hoxe son doce empregados e o volume de traballo segue crecendo.
Os xogos de mesa son moi comúns en outros paises desde hai moito tempo. En España, tal como nos explica Ramón, o crecemento nos últimos dez anos e constante e o confinamento foi un importante empurrón a este tipo de ocio afastado das pantallas
Como sucede en outros sectores, os xogos de mesa tamén se ven afectados polo colapso na distribución de mercadorías a nivel mundial. Moitos dos que fabricaban en Asia tiveron que voltar a casa e chamar a fábricas como Troquel Games
Troquel Games como editora está centrada en xogos educativos. Cando preguntamos por clientes atopamos un abano que vai desde editores independentes ata administracións públicas ou asociacións de todo tipo
Ramón González organizou non hai moito unha xornada de presentación de xogos de mesa. O obxectivo era dar a coñecer os xogos que se fan en galego e organizar uns obradoiros sobre a construción dos xogos. O resultado foi moito mellor do esperado o que abre a porta a novas edicións
Ramón González non dubida cando lle preguntas por un xogo, enlazados é un xogo dos seus xogos e, como nos conta, único que fomenta o pensamento lateral
Poderíamos facer outra reportaxe sobre o taller, Ramón é enxeñeiro e disfruta mostrando as máquinas. Escapan en moitos casos dos automatismos e modifican vellas troqueladoras para poder ter o control sobre o que fan, que os cortes sexan o máis perfectos posibles.
Nunca pensastes en como se fan os bordes redondeados das barallas? a diferencia entre algo ben feito e unha trapallada vese clara cando coñeces a máquina coa que se fan.
Troquel Games segue a ser unha empresa familiar no concepto. A súa produción lévanos ata tardes enteiras arredor dunha mesa, xogando e rindo. Disfrutar do tempo así nos tempos que corren non é un xogo, é unha oportunidade.