Ordes, 30/06/2026 – O venres 26 de xuño, apareceron moitas troitas mortas no río Cabrón, preto de Guindiboo de Arriba, e tamén no rego da Fraga cara a estación depuradora de augas residuais ( E.D.A.R.) de Ordes.
O Bloque nacionalista Galego presentou un rogo no pasado pleno para que se leve a cabo unha investigación sobre o acontecido na zona e determinar as causas da morte destas troitas. Trátase dunha zona que queda augas abaixo da E.D.A.R. de Ordes, polo que o BNG insta a comprobar que ditos feitos non se deben a unha contaminación procedente da depuradora.
Segundo explican de deberse a algún problema ou mal funcionamento da E.D.A.R. de Ordes, hai que actuar inmediatamente para corrixir o problema, evitando que poida replicarse no futuro. En declaracións a medios de comunicación a concesionaria Espina y Delfín declara que non se produciu ningún vertido desde a depuradora e que a infraestrutura foi revisada e se tomaron mostras de auga se atopar nada anómalo.
