Compostela, 2 de marzo do 2018 – A partir das nove de esta noite, 6 euros, a improvisación ocupará o escenario da Casa das Crechas co Trío Z1c0, un nome homenaxe ao futbolista brasileiro.
O Trío Z1c0 está formado por Tom Chant (saxos), L.A.R Legido (batería) e Pablo Rega (guitarra eléctrica) que practican unha improvisación enérxica e chea de recursos, sen complexos á hora de introducir materiais provintes de diferentes estilos como hardcore, noise, freejazz ou minimalismo sonoro.
Un power trío practicando free-style con actitude punk, capaz de pasar das pasaxes máis abruptas ás máis delicadas, aproveitando así todas as posibilidades de investigar cos seus instrumentos.
Formado en 2008, realizaron multitude de actuacións destacando a súa participación no Festival Internacional de Improvisación HURTA CORDEL (Madrid). Os seus compoñentes teñen unha longa trxectoria dentro da libre improvisación en diferentes formacións, proxectos e como docentes.
O trío
Tom Chant: Instrumentos: saxo soprano, alto e tenor, clarinete baixo, piano e teclados, computador.
Pablo Rega: Guitarrista e músico electrónico
L.A.R Legido: Músico, investigador sonoro y profesor de batería, expresión rítmica e improvisación en la Escola-Estudio de Música, en Santiago de Compostela.
