Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela

Trilitate abre a segunda semana do Feito a Man

trilitate-slide_r

Table of Contents

Toggle
  • Compostela, 5 de agosto do 2019 – Trilitate e unha sesión de improvisación e micros abertos é o menú do día que abre a segunda semana do Feito a Man.
  • Martes 6
    • Mércores 7
    • Xoves 8
    • Venres 9
    • Sábado 10
    • Feito a Man 2019
    • Bandas locais e internacionais

Compostela, 5 de agosto do 2019 – Trilitate e unha sesión de improvisación e micros abertos é o menú do día que abre a segunda semana do Feito a Man.

Trilitate estará as oito do serán na Praza de Feixoo. Esta formación naceu en Vigo no ano 2012 pola violinista Elena Vázquez (Peña, Ensemble Galería), por Marcos Padrón ao acordeón (Orquestra O.M.E.Ga, Cuarteto Caramuxo) e por Rubén Abad na guitarra (Cró!, Es Un Árbol, Guerrera). Esta formación crea sons descoñecidos que desafían calquera categoría e abren novos sendeiros na música acústica. Des-debuxan as liñas existentes entre a composición e a improvisación, revelando influencias de estilos tan afastados entre si como pode ser a música clásica, a improvisación libre, o hardcore, o post-rock ou o noise.

Trilitate
Trilitate

Tamén hoxe pero as dez, en Tras Fiz de Solovio, micros abertos para experimentar coa poesía, ou o que se tercie, co acompañamento da banda A Ver que Sae.

 

Martes 6

Rock con Radio Zapa as oito na Vía Sacra. Rock  psicodélico con toda a forza dun explosivo trío de guitarra, baixo e batería

Rockin Corsarios estarán as dez en Cervantes. Un cuarteto de batería, baixo e dúas guitarras, rock dos cincuenta comandado polo experimentado Lou Reyes que leva desde os 80 dando caña

Rockin Corsarios
Rockin Corsarios

Mércores 7

Unha das xornadas especiais de esta edición, as nove na Quintana e se chove no Teatro Principal.

A pianista e compositora Clara Peya é unha das creadoras máis oriináis dos últimos tempos. Estará precedida de Suelen Estar & The Soul Machine; liderados por Pilo Sierra e Lar Legido meten na súa batidora cancións de distintas procedencias para acercalas a algo que podería ser… Antonio Machín? por que non!

 

Clara Peya
Clara Peya

Xoves 8

Xornada intensa na que se combinan varios eventos moi especiais. As 13.30 volven a Prazuela dos Gatos os xaponeses Harmónica Creams, un novo tipo de banda folk que sorprendeu a todo o mundo no 2018 e desde entón non pararon de xirar por todo o mundo.

As 19.45 en San Martiño Pinario o jazz e a fusión van por conta de Viruxe e Aparato.

As dez maxia con todas as letras. Na fonte de San Miguel Joshua Kennet sorprenderá ao público cunha mestura de monólogo e maxia de cerca.

A xornada rematará as dez e media en San Paio de Antealtares cos Spoonfuls. Blues e soul froito da unión de algúns dos mellores músicos do país en estes estilos.

Harmónica Creams
Harmónica Creams

Venres 9

O tango é eterno e o venres será o protagonista, a partir das 8 do serán, no xardín do Momo. Tango a rúa é un proxecto no que non se conforman con mostrar este baile se non que se preocupan de ensinar os seus segredos.

Como na variedade está o gusto as dez en Bonaval, na Zona C, Dj Mil e Mohmmed Yayah. O galego Mil, afincado en Londres, e Yayah traen un show cheo de hip hop e afro beat.

Sábado 10

O sábado ven cargado de música para compensar que o domingo e día de descanso. Comézase con sesión vermú as 13.30 en Tras Salomé co rock de Los Barbitúricos e Rafa Morcego DJ.

Tras San Fiz de Solovio será o escenario a partir das oito para Sheila Patricia, a voz de esta muller é o vehículo ideal para transmitir músicas de distintos lugares do mundo.

As dez en San Paio de Antealtares segundo asalto dos The Hawks despois de convencer na Quintana o venres día 2. Rock dos cincuenta con moito estilo.    

Feito a Man 2019

Polo Feito a Man deste ano pasarán case 50 propostas artísticas diferentes de diversos estilos musicais: pop, rock, blues, jazz, tango, swing, música tradicional galega… E tamén haberá presenza doutras artes e disciplinas, como a maxia, performance, poesía, baile ou cabaré.

Como vén sendo habitual, o groso do festival recae nos concertos de pequeno formato realizados nas terrazas dos establecementos organizadores, mais tamén haberá lugar para noites con artistas de maior formato. Así, á parte de rúas como a Vía Sacra, a rúa da Orfas, a Praza de Feixóo, Tras San Fiz de Solovio ou rúa Xelmírez; tamén haberá actuacións nas prazas de Mazarelos, San Martiño Pinario ou Cervantes.

Bandas locais e internacionais

Nestes 21 días de programación continuada, con dous ou tres concertos diarios en diferentes puntos da cidade, poderemos ver concertos de moitos xéneros musicais e tamén de distintas procedencias.

Tal e como é sinal de identidade desde o comezo da propia existencia deste festival, continuamos a promover a escena local cunha programación na que se prima o talento de proximidade. Así, poderemos escoitar bandas como Putan Club, Vudú, Blanca Cendán e Suso Alonso, Leo Burke, Manuel Gutiérrez, Pilo Sierra, The Spoonfuls e moitos outros.

Alén disto, outro dos obxectivos do festival é a descuberta de novos talentos  chegados de fóra. Así, tamén poderemos ver bandas internacionais como os xaponeses Harmonica Creams, o mozambicano Mohammed Yahya, os arxentinos Ecos e Sofía Viola, os colombianos-guineanos La Rueda, os mexicanos Lariferpol, o brasileiro Arthus Fochi, os suecos The Bongo Club ou a Clarence Bekker Band, desde Surinam.

Post navigation

Previous: David Barbeira, alcalde de Santa Comba: “conseguir unha residencia, e na medida do posible centro de día, é o noso principal obxectivo”
Next: Varios servizos de Vila de Cruces levan anos sen contrato

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

museo do pobo programacion slide otubro (3)
6 minutes read
  • Xeral

Outubro no Museo do Pobo Galego

ateneo avaro ortiz 5 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Álvaro García Ortiz da unha conferencia no Ateneo

usc territorios que lideran 2 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

A USC impulsa o Foro “Territorios que lideran”

silleda-subrogacion-saf-slide-24-xaneiro-2022_r
2 minutes read
  • Compostela

Siad 24 sen argumentos para non pagar as nóminas do SAF

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.