A Estrada, 26 de abril do 2017 – O TSXG ven de desestimar as tres demandas interpostas contra o Plan Xeral de A Estrada e avaliar de este xeito a súa legalidade ainda que cabe recurso de casación ante o Supremo.
Os recursos foran interpostos por particulares e por AEDRU, a Asociación para a Defensa do Rural e o Urbano de A Estrada. Un dos principais motivos das demandas presentadas era a calificación que o PXOM fai de algúns terreos nos accesos a vila desde Compostela. Ditos espazos aparecen como chan urbano no consolidado mentres que os veciños opinaban que debería aparecer como consolidado, a definición do PXOM permite a súa urbanización co que a sentenza abre a vía a varios proxectos paralizados ata coñecerse a resolución.
O pasado luns Lindeiros entrevistaba ao alcalde de A Estrada José López Dono, un audio que poderase escoitar íntegro o próximo domingo, e falaba precisamente da importancia do PXOM para A Estrada
A falta de saber si se presentará un recurso de casación, a sentenza do TXSG permitirá comeza a desenvolver distintas zonas do concello nas que están previstos proxectos como o de Mercadona, a nova escola infantil ou o novo centro de saude.