Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Trazo

A xustiza confirma que os orzamentos 2018 de Trazo aprobáronse de xeito ilegal

A xustiza ven de dar a razón a demanda presentada polo Psoe de Trazo sobre os orzamentos do 2018 e confirma que se aprobaron de xeito ilegal.
Casa consistorial de Trazo onde terá lugar o pleno de orzamentos

Table of Contents

Toggle
  • Trazo, 15 de outubro do 2019 – A xustiza ven de dar a razón a demanda presentada polo Psoe de Trazo sobre os orzamentos do 2018 e confirma que se aprobaron de xeito ilegal.
    • Unha difícil situación

Trazo, 15 de outubro do 2019 – A xustiza ven de dar a razón a demanda presentada polo Psoe de Trazo sobre os orzamentos do 2018 e confirma que se aprobaron de xeito ilegal.

Os orzamentos do ano pasado no concello foron motivo de distintas alegacións por parte da oposición socialista. Cando esas alegacións non foron tidas en conta o Psoe presentou un recurso que por lei tiña que ser levado a pleno. O alcalde en aquel momento, José Dafonte, decidiu desestimar ese recurso sen o trámite plenario polo que o Psoe acudiu a un recurso contencioso administrativo que agora lles da a razón.

Unha difícil situación

En palabras da portavoz socialista en Trazo, Beatriz domínguez, “O acontecido reflicte unha forma de facer política soberbia e prepotente. A lei é moi clara e reflicte que un recurso deste tipo debe levarse a pleno, pero o señor Dafonte decidiu actuar unha vez máis ao marxe da legalidade e desestimou o recurso de forma persoal, sen pasar polo pleno”.

“Non podíamos permitir esa ilegalidade e agora o xuíz asegura que a decisión a tiña que tomar o pleno, como recolle claramente a lei, polo que o PP ten unha papeleta complicada porque os orzamentos xa están executados”, asevera Beatriz Domínguez.

Os socialistas descoñecen como responderá o PP de Trazo, que agora non ten maioría absoluta, ante esta sentenza. “Independentemente das consecuencias que poida ter todo isto, o acontecido amosa unha forma de facer política da que a xente está moi cansa, a xustiza deunos a razón e agora tócalle ao PP cumprir”, remata.

Post navigation

Previous: O galego buscará novas ideas no LGx15 que se celebrará en Teo
Next: O Gaias acollerá a carreira de obstáculos O camiño Race

Máis novas

O novo servizo de Trazo axudará ás persoas con demencia
2 minutes read
  • Trazo

Trazo contará con servizo de estimulación terapéutica

Casa consistorial de Trazo onde terá lugar o pleno de orzamentos
2 minutes read
  • Trazo

Trazo aproba os orzamentos 2026

trazo reforzo viano pequeno slide 10 decembro 2025
1 minute read
  • Trazo

Reforzo de atención especial no CPI Viaño Pequeño

trazo aaranxo estradas 6 novembro 2025 (1)
2 minutes read
  • Trazo

Melloras na seguridade viaria de Berreo en Trazo

trazo arranxos estrada 29 outubro 2025 (3)
2 minutes read
  • Trazo

Trazo acomete melloras viarias en Morlán

Casa consistorial de Trazo onde terá lugar o pleno de orzamentos
2 minutes read
  • Trazo

Trazo dotará dun  plan especial á residencia de maiores de Chaian

trazo biogas slide 18 setembro 2025
3 minutes read
  • Trazo

O proxecto da planta de biogas de Trazo chega ao pleno

oroso-trazo-novos-euipamentos-slide-30-outubro-2024-(3)_r
3 minutes read
  • Oroso

Nova maquinaria para Trazo e Oroso

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.