Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Trazo
  • Xeral

O proxecto da planta de biogas de Trazo chega ao pleno

trazo biogas slide 18 setembro 2025

Crearase unha comisión especial de seguimento do proxecto na que estarán políticos con representación no concello.

Imaxen de Dories Pratama en Pixabay

Comeza un posible conflito na bisbarra, a intención de instalar unha planta de biogás no concello de Trazo. Os veciños foron os primeiros que denunciaron este proxecto e xa anticiparon a súa oposición.

Segundo as fontes consultadas por Lindeiros o proxecto non so recollería puríns e residuos das granxas do concello, tamén recibiría os residuos de outros partes da comarca e mesmo residuos alimentarios non aptos para o consumo humano.

As mesmas fontes apuntan a que o lugar elixido para a planta está cualificado como só rústico polo que tería que modificarse o plan xeral de ordenación urbana xa que Trazo non dispón de chan industrial.

Tamén explican que afectaría a un humidal catalogado dentro da rede Natura 2000.

Por outra banda a conexión coa tubaxe principal que pasa por Oroso tería que facerse presuntamente por debaixo do río Tambre e por debaixo da vía do ave, unha canalización de algo máis dun quilómetro e medio,

A reunión mantida cos veciños hai uns días non aclarou moito máis do proxecto e polo momento non hai ningunha petición rexistrada no concello que teña que ver coa planta de biogás.

Hoxe na sección de opinión E logo… que foi? veciños e proxectos

Comisión de seguimento

O Pleno da Corporación de Trazo leva hoxe a pleno a creación dunha Comisión Especial de Seguimento sobre a Planta de biogás, unha “medida pioneira no ámbito municipal que ten como obxectivo garantir a máxima transparencia, control público e vixilancia técnica” sobre calquera posible proxecto vinculado á instalación dunha planta de biogás no termo municipal.

A proposta, impulsada pola alcaldesa Fina Suárez, nace coa vontade de dar participación a todos os grupos políticos, e establecer un espazo institucional onde se poida facer un seguimento activo do cumprimento estrito da legalidade urbanística, ambiental e administrativa.

“Queremos que todos os veciños e veciñas teñan a garantía de que aquí se vai actuar sempre con luz e taquígrafos, dentro da legalidade e coa máxima responsabilidade institucional”, subliñou a rexedora.

A comisión estará composta por representantes de todos os grupos políticos con representación plenaria.

Desde o goberno municipal remarcan que esta medida non responde a ningún trámite en curso nin a ningún expediente aberto, senón que se trata dunha iniciativa proactiva e preventiva para manter informada á cidadanía e ao conxunto da corporación sobre calquera movemento que puidera afectar ao territorio.

“Somos un goberno serio, responsable e comprometido coa defensa dos intereses de Trazo. Esta comisión é unha mostra de que non temos nada que agochar e de que estamos do lado da veciñanza nesta e en calquera outra materia”, concluíu Fina Suárez.

Post navigation

Previous: Brión presenta a Santa Minia 2025
Next: Fin de semana de motos clásicas

Máis novas

Teo lugar no que se situaría a planta de residuos de Cacheiras
4 minutes read
  • Xeral

Segue a preocupación en Cacheiras, Teo, pola instalación da planta de reciclaxe

compostela vista posterior pazo raxoi imaxe google maps
3 minutes read
  • Compostela

Compostela recepcionará as obras do Pazo de Raxoi

granell slide
2 minutes read
  • Axenda

Alejandra Pombo presenta na Granell “o que me mira rodeándome”

Presentación en Melide a campaña "No caminas sola" do Miisterior del INterior
3 minutes read
  • Xeral

“No caminas sola”, prevención nos Camiños a Santiago

Presentación en Compopstela do manifesto "Por u monte galego con futuro"
13 minutes read
  • Xeral

Por un monte galego con futuro

Ortoño celebrará o vindeiro domingo vinte anos da Festa do Courizo ao Viño. Organizada pola Asociación Gastronómica, Recreativa e Cultural do Chourizo ao viño degustará tamén orella cocida e todo com guarnición de cachelos.
4 minutes read
  • Xeral

XX Festa do Chourizo ao Viño de Ortoño

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e o chef Álex Iglesias presentaron os “Tardeos no Pico Sacro”, unha iniciativa do Concello para poñer en valor o seu enclave turístico máis importante, que acaba de ser elixido pola Xunta para converterse en Ben de Interese Cultural, a través dunha nova e completa oferta cultural, turística e gastronómica.
4 minutes read
  • Axenda

“Tardeos no Pico Sacro” a proposta de Boqueixón para un verá diferente

Os alcaldes de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e Touro, José Manuel Reboredo, nunha das zanxas de canalización de auga
4 minutes read
  • Boqueixón

Boqueixón e Touro colaborarán no abastecemento de auga potable

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2768) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (608) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1427) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1616) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (810) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (726) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (549) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.