O pleno ordinario de Trazo aprobou tamén a creación da Comisión de seguimento sobre a posible implantación dunha planta de biogas no concello.

Pleno importante no concello de Trazo con decisións sobre temas de relevancia para a veciñanza. A primeira delas a aprobación do Plan Especial para a construción dunha residencia de maiores na parroquia de Chaián,
Unha infraestrutura moi demandada polas familias e que permitirá reforzar a atención e o benestar das persoas maiores do concello. A proximidade con Santiago abre tamén a posibilidade a outras familias da capital.
Outro dos temas tratados, xa anticipado,s foi a creación dunha Comisión Especial de Seguimento ante a posible instalación dunha planta de biogás en Trazo. Un órgano integrado por representantes de todos os grupos políticos da corporación, co obxectivo de garantir a máxima transparencia e facilitar o acceso á información neste asunto, que contou co voto a favor do BNG.
Ademais, na Xunta de Goberno Local aprobouse a cesión de uso do Campo de Fútbol de Berreo á Asociación de Veciños “O Petón”, co fin de impulsar a realización de actividades culturais, deportivas e veciñais ao servizo da parroquia.
