Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Trazo
  • Xeral

Trazo aproba os orzamentos 2026

Os orzamentos de Trazo apostan polo investimento e carecen de débeda

Casa consistorial de Trazo onde terá lugar o pleno de orzamentos

Trazo, 26/03/2026 – Trazo leva a pleno a aprobación dos orzamentos que, previsiblemente, saíran adiante grazas á maioría absoluta da equipa de goberno. As contas son cualificadas desde o executivo municipal como “equilibradas e orientadas a seguir mellorando a calidade de vida da veciñanza”.

 O documento económico de Trazo ascende a 4.390.000 euros, o que supón un incremento aproximado do 5% respecto ao exercicio anterior, mantendo a liña de estabilidade orzamentaria e sustentabilidade financeira.

Un concello “saneado: equilibrio e cero débeda”

Un dos aspectos máis destacados destes orzamentos é que o Concello continúa a manter unha situación de nulo endebedamento, garantindo unha administración “solvente e responsable coa xestión dos recursos públicos”. Un modelo que permite asegurar o funcionamento dos servizos municipais sen comprometer o futuro económico.

Máis investimento para seguir avanzando

Os orzamentos de 2026 apostan con forza pola mellora do municipio, destinando máis de 1 millón de euros a investimentos reais (1.037.392,14 €), o que representa arredor do 23,6% do total do orzamento.

Este nivel de investimento sitúa a Trazo nunha clara dinámica de crecemento e modernización, mantendo o esforzo inversor en niveis moi elevados.

Servizos públicos reforzados e atención social

O gasto corrente alcanza os 3,3 millóns de euros, garantindo o correcto funcionamento dos servizos municipais e reforzando áreas clave como os servizos sociais, cun incremento vinculado ao Servizo de Axuda no Fogar. Continuase ademais con políticas de apoio á natalidade, como o cheque bebé, que ascende a 1200€ por neno e as subvencións a asociacións e clubs do concello.

Un orzamento equilibrado e realista

Os ingresos municipais mantéñense estables, con especial peso das transferencias doutras administracións, que superan os 2,2 millóns de euros, así como das transferencias de capital que permiten financiar boa parte dos investimentos. Este enfoque “garante unhas contas realistas, equilibradas e adaptadas ás necesidades do concello”.

Compromiso coa veciñanza

O Goberno municipal destaca que “estes orzamentos responden a un modelo de xestión baseado en control do gasto público, eficiencia na xestión, prioridade nos servizos á veciñanza e impulso aos investimentos necesarios.

Unha folla de ruta “clara para seguir facendo de Trazo un concello que avanza, con estabilidade económica e proxectos de futuro”.

Post navigation

Previous: Adega impulsa unha campaña pedindo o peche definitivo de Altri e a mina de Touro
Next: Arroz con nome propio no Café de Altamira

Máis novas

Un momento do último Consello de Goberno da USC
5 minutes read
  • Xeral

A convivencia interxeneracional un dos eixos do plan de vivenda de estudantes da USC

José Antonio Domené solista na entrega do Portus Apostoli no Harp Fest de Noia
5 minutes read
  • Xeral

O arpista José Antonio Domené súmase ao Noia Harp Fest

Unha imaxe da última edición do WOS Festival
3 minutes read
  • Xeral

Primeiras confirmacións no WOS Festival 2026

Vehículos de emerxencias nunha intervención
2 minutes read
  • Teo

Teo homologa o Plan de Emerxencias Municipal

Imaxe da Ponte Maceira nas Noites en Vela nuha edición pasada
3 minutes read
  • Xeral

Hoxe chegan as Noites en Vela de Ponte Maceira

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Compostela

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2774) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (613) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (812) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2674) sindicatos (109) Social (552) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (581) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.