Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Trazo
  • Xeral

Trazo acomete melloras viarias en Morlán

trazo arranxos estrada 29 outubro 2025 (3)

O obxectivo dos traballos desenvoltos en este lugar polo concello de Trazo e a mellora da seguridade viaria e a accesibilidade peonil


Un dos traballos constantes de calquera pequeno concello, e un dos máis reclamados pola veciñanza e a mellora das infraestruturas viarias. Trazo non é unha excepción e ao logo de todo o mandato traballa en este sentido en todo o municipio.

En esta ocasión Trazo centrouse en completar un conxunto de actuacións de mellora da rede viaria na parroquia de Morlán, coa finalidade de reforzar a seguridade viaria, a accesibilidade peonil e a comodidade dos desprazamentos da veciñanza.

En primeiro lugar, Trazo executou obras nos accesos aos núcleos de Souto de Abaixo e O Pedrido, que permitiron renovar os firmes, mellorar os puntos de drenaxe e acondicionar os tramos máis deteriorados das vías, garantindo así un tránsito máis seguro e fluído para os vehículos e peóns.

Por outra banda realizouse unha importante intervención en Larín, que incluíu a construción dunha nova beirarrúa de 330 metros de lonxitude, un elemento esencial para mellorar a accesibilidade e incrementar a seguridade peonil nunha zona moi utilizada pola veciñanza.

A alcaldesa de Trazo, Fina Suárez, subliñou que estas melloras forman parte do compromiso do Goberno local de seguir investindo nas infraestruturas das parroquias, co obxectivo de “garantir unhas comunicacións seguras, accesibles e de calidade para todos os veciños e veciñas”.

Estas actuacións en Morlán súmanse ás numerosas obras de mellora viaria que o Concello de Trazo está a desenvolver ao longo do presente mandato en diferentes puntos do municipio, consolidando así unha aposta decidida pola vertebración do territorio e o benestar da poboación rural.

Post navigation

Previous: O amor preside a 39º edición de Cineuropa
Next: Frades reduce a cero a súa débeda bancaria

Máis novas

Un momento do pleno de Brion no que se destinou un millón de euros ao pago de facturas
4 minutes read
  • Xeral

Brión rebaixa a taxa do lixo

Rois: aprobadas en pleno a renovación de ordenanzas fiscais
3 minutes read
  • Xeral

Rois actualiza licencias e cede xestión á Deputación

Concello de A Estrada_DSC9226 slide_r
3 minutes read
  • Xeral

Reclama que se respete na Estrada a Lei de Memoria Democrática

compostela arco de mazarelos_good 7 novembro 2026
3 minutes read
  • Compostela

Unha nova vida para o Arco de Mazarelos

ateneo desafios intelixencia artificical 7 novembro 20226
2 minutes read
  • Xeral

Os desafíos da Intelixencia Artificial nos Luns do Ateneo

mancomunidade ordes saida patrimonio 5 novembro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Nova saída para coñecer a Mancomunidade de Ordes

bng maes parquing milladoiro 6 novembro 2026
3 minutes read
  • Xeral

As incógnitas do aparcadoiro do Milladoiro

deputacion via verde remata en marzo 6 de novembro 2026 (1)
4 minutes read
  • Xeral

A Vía Verde podería estar rematada en marzo

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (116) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2831) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (834) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (740) Politica (951) saúde (534) Servizos (2704) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.