займ срочно

Kiko Rivera estará no Trazo Music Fest 

0

Bisbarra, 15 de setembro do 2022 – As festas de Trazo prometen diversión este ano, polas boas ou polas malas, xa que actuará Kiko Rivera no Trazo Music Fest o día 23.

Rivera mantivo a finais do verán unha polémica coa Orquestra Olympus, acusando ao técnico de son de boicotear á súa “actuación”. O certo é que Olympus deixoulle o escenario e todo o equipo, incluído o técnico de son, pero segundo algunhas fontes o único que pasou é que non conseguiu convencer ao público.

Kiko Rivera terá ocasión de redimirse con público galego o día 23 dentro da programación das festas na honra de Sta. Eufemia e S. Mateo. En todo caso tamén estarán Treixadura que son unha garantía de boa música e bo facer.

Programación

Este mesmo venres 16 comeza a programación das festas coa Romaría de Sta. Eufemia. Será na catedral da Montaña, en Vilouchada. Os actos relixiosos celebranse durante toda a xornada e actuarán a Charanga da santa Compaña e as Orquestras Alianza e Olympus.

O mércores 21, no mesmo lugar, será a quenda das festas na honra de S. Mateo. A escritora e poetisa, nada en Trazo, Rosalía Morlán, será a encargada de ler o pregón.

A xornada contará coas actuacións do grupo Faiscas da Pontraga, grupo Unión y Fuerza e a Orquestra Los Satélites.

O venres 23 a partir das once da noite celebrase o Trazo Music Fest. Kiko Rivera, fillo de Isabel Pantoja, será xunto con Marcos Magén e DJ Sonic o encargado de animar aos asistentes.

As festas grandes de Trazo, o día 24, contarán co grupo tradicional Treixadura. O concerto será a partir das dez da noite na carballeira da Catedral da Montaña, en Vilouchada.

O remate das festas será ao día seguinte, o domingo 25, coa romaría na honra de Sta. Lucía, que contará, xa pola noite, co grupo Acordes.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies