займ срочно

A Deputación reparará as estradas de Trazo

0

Bisbarra, 17 de novembro do 2022 – A Deputación arranxará as estradas de Trazo que se viron afectadas polas obras da ponte dobre o rego Gatofero.

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González, e a alcaldesa de Trazo, Josefina Suárez, asinaron un convenio para financiar a obra. Co acordo o organismo provincial actualiza de 142.721 a 164.306 euros o investimento necesario para financiar a reparación das vías do concello. Ao acto asistiu tamén o deputado de Patrimonio e Contratación, Xurxo Couto.

As actuacións levaranse a cabo en dous tramos. O primeiro de Ponte Albar a Chaián (2,4 quilómetros), no que se repararán fochancas e afundimentos ocasionados polo incremento do volume de tráfico. Tamén se reparará a canalización danada, un tramo de beiravía e, para completar a actuación, instalarase sinalización horizontal e vertical.

Por outra banda, realizaranse tarefas de acondicionamento da vía que conecta o cruzamento de Chaián coa ponte sobre o Río Tambre, ao longo de 1,3 quilómetros. A plataforma repararase co fresado e reposición das zonas deterioradas, estendendo finalmente un microaglomerado en frío en todo o seu ancho. Tamén se arranxarán os sumidoiros afundidos polo paso de vehículos pesados sobre eles e o tramo de canalización afectado. Por último, refaranse un pozo e un sumidoiro e instalarase nova sinalización.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies