Trazo, 6 de outubro do 2020 – O Pleno ordinario celebrado o pasado venres en Trazo deixou enriba da mesa a aprobación da Conta Xeral 2019 despois de que estivera ditaminada a súa aprobación na Comisión previa.
A situación provoca que o concello non poida remitir a Conta en prazo, ao Tribunal de Contas, e terá que convocar esta mesa semana un novo pleno. A voceira socialista de Trazo, Beatriz Domínguez, foi que solicitou ao comezo do punto que se deixara sen debater “pola inmensa cantidade de erros que contén o documento como os asistentes, votacións, datas, intervencións… da Comisión de Contas, así como o ditame da secretaria, que se refire ás Contas de 2018, non ás de 2019”.
A Conta Xeral 2019 fora ditaminada positivamente por todos os grupos nas Comisións previas ao pleno. A Secretaria municipal no envío da documentación cometeu o erro de remitir a Conta do 2018 polo que nada do exposto no documento coincidía co que se pensaba aprobar. O socialistas criticaron o feito de que non é a primeira vez en que esta funcionaria, habilitada nacional, non cumpre coas funcións de intervención e fiscalización que ten atribuídas e lembran que foi denunciada polos presuntos delitos de falsidade documental e administración desleal do patrimonio público.