займ срочно

Alerta pola recomendación de non bañarse en Chaián

0

Trazo, 3 de xuño do 2022 – O Psoe de Trazo ven de preguntarlle o concello os motivos polos que desde a Dirección Xeral de Saúde Pública recomendase non bañarse en Chaián.

A praia fluvial de Chaién é unha das máis visitadas da contorna. O socialistas queren saber porque as análises recollen unha contaminación microbiolóxica da auga da área recreativa que multiplica por 10 os resultados normais doutras áreas da comarca.

O secretario xeral dos socialistas de Trazo, Jorge Noya Pereiro, considera que “estamos ante unha situación de moita gravidade nunha das zonas máis turísticas de Trazo, como é a área de Chaián, e xusto cando comeza a época de verán”.

Noya engade que o concello “o Concello nin informou nin dixo absolutamente nada, cando as análises están datadas do 17 de maio e ata houbo un pleno ordinario de por medio”.

Os resultados dos controis microbiolóxicos das augas da zona de baño de Chaián dan uns resultados de 1.100 NMP/100 ML en escherichia coli (bacteria que se atopa nos intestinos de persoas e animais) e de 340 NMP/100 ML en enterococo intestinal (bacteria fecal). Un informe no que os resultados máis elevados, pero aceptados dentro dos estándares de seguridade, son os do río Furelos en Melide (270 e 53) ou do propio río Tambre en Tapia (Ames, 180 e 9). Unhas cifras que a área recreativa de Chaián multiplica por dez.

Na bateria de preguntas presentada polos socialistas queren saber desde cando se coñecen os datos tal e como explica Jorge Noya “Queremos que a alcaldesa nos diga dende cando ten coñecemento desta cuestión e que medidas vai a tomar a cabo para revertela, O Concello tamén debe explicar como se puido chegar a esta situación nunha das áreas naturais máis fermosas do municipio e de se vai avisar á xente ou a poñer cartelería informando de que non está recomendado bañarse na zona”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies