Compostela, 29 de xullo do 2017 – Segue a música en Compostela cun concerto dedicado ao compositor Chané e co día dedicado ao Traxe Galego.
A festa comeza ás 11:30 horas coa celebración do Día do Traxe Galego na Alameda, ese é o punto de saída do desfile de participantes que culminará na praza do Obradoiro. Alí serán recibidos polo alcalde de Santiago, Martiño Noriega. Xa pola tarde concentración no parque de Bonaval ás 16:00 horas e desfile ata a praza da Quintana.
As trece horas comeza o concerto de Pumu Punku + Hellorice en Tras San Fiz de Solovio, onde haberá tamén comida vegana e vexetariana, a festa continuará con DJ ata as dez da noite.
Ademais, teremos unha nova xornada do Torneo de Chave Festas do Apóstolo, así como dos Monicreques en ruta con Valle-Inclán. A Alameda, xa á noitiña, acollerá a actuación da orquestra Dluxe, mentres no Toural continuará o ciclo Compostela é! Música con Esposa.
Chané na Habana
Chané na Habana é unha homenaxe que xorde como iniciativa de aCentral Folque, coa colaboración da Deputación e dos concellos da Coruña e de Santiago de Compostela. O primeiro dos concertos ten lugar hoxe na Quintana a partir das dez e media da noite.
O espectáculo abrangue a totalidade da obra conservada do compositor galego, por primeira vez e dunha maneira inédita: dende o sentir musical cubano. O autor de clásicos como “Os teus ollos” ou “Un adiós a Mariquiña” viviu e desenvolveu gran parte da súa obra na Habana. En 2017, unha selección músicos de catro nacionalidades distintas, liderados polo pianista cubano Alejandro Vargas, abraza e reelabora o seu repertorio para devolvelo cunha nova vitalidade ao maxín popular galego.
Onte tivo lugar a concentración de coches antigos que desde o Paxonal conduciron ata Praterías, estes foron algúns dos participantes
[ngg_images source=”galleries” container_ids=”38″ display_type=”photocrati-nextgen_basic_slideshow” gallery_width=”800″ gallery_height=”600″ cycle_effect=”fade” cycle_interval=”4″ show_thumbnail_link=”0″ thumbnail_link_text=”[Show thumbnails]” order_by=”sortorder” order_direction=”ASC” returns=”included” maximum_entity_count=”500″]