Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Cualifican de “trapallada” os cambios na senda entre o Milladoiro e a Intermodal

compostela senda xunta bosque de conxo 13 marzo 2026 (2)

Compostela, 13/03/2026 – A deputada do Bloque Nacionalista Galego Saleta Chao fixo un chamamento á Xunta para que “actúe con rigor” e visite a zona de Conxo para comprobar “in situ” o impacto das obras do eixo de mobilidade sostible entre O Milladoiro e a Estación Intermodal.

A deputada nacionalista detallou o que cualificou como unha “auténtica trapallada” administrativa ao redor dun proxecto que, asegura, acumula informes técnicos desfavorables e advertencias de institucións como a Fiscalía Europea ou o ICOMOS.

Chao lembrou que o proxecto, financiado con fondos europeos, afecta a unha contorna de “inmenso valor patrimonial, cultural e paisaxístico”, enmarcada polas efemérides do Banquete de Conxo (1856) e a declaración de Compostela como Patrimonio da Humanidade (1985).

A deputada censurou a “falta de rigor” do goberno do PP na Xunta, preguntándose “como é posible que se asinase favorablemente en 2023 unha resolución de patrimonio” cando os informes técnicos propios da administración autonómica eran negativos.

“No seu empeño por atravesar Conxo como se fose un territorio de conquista, a Xunta levou a administración galega ao ridículo absoluto”, sentenciou Chao, quen lembrou que as obras no tramo do Bosque do Banquete tiveron que ser suspendidas en maio de 2025 tras unha resolución desfavorable da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural e un informe do ICOMOS. “A Xunta xustificou a suspensión na oposición do Concello, agochando que o motivo real era o ditame do ICOMOS e a súa propia resolución de Patrimonio”, engadiu.

A deputada do BNG preguntou á Xunta sobre as modificacións técnicas que permitiron retomar as obras tras o parón. “Agora que se retoma o proxecto, queremos saber en que consistiron as variacións técnicas para que, tras unha resolución desfavorable, agora os informes sexan favorables”, exixiu Chao. Así mesmo, preguntou se estas modificacións afectaron á dotación orzamentaria do proxecto e se se tiveron en conta as recomendacións do ICOMOS e a investigación da Fiscalía Europea.

Durante a súa réplica, Saleta Chao foi moi crítica coa execución actual das obras, especialmente no tramo entre a rúa de Suarribas e a ponte Pereda, unha zona que cualificou como “das máis sensibles” debido ao seu risco de inundacións recoñecido pola propia Xunta. A nacionalista mostrou imaxes da intervención para denunciar que, lonxe de “minimizar o impacto” como recomendan os informes técnicos, se está a actuar de forma agresiva na ribeira do río Sar.

Finalmente, a deputada do BNG reclamou á Xunta que, de oficio, restaure o estado orixinal do Bosque do Banquete de Conxo nos tramos onde xa se actuou antes da suspensión e que abandone a súa “fixación” por atravesar esta área protexida”.

Post navigation

Previous: A Baña celebra o domingo 3 de maio a II Carreira Popular
Next: Santa Comba licita a construción do futuro Centro de Día

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.