займ срочно

Un transporte avariado para a bisbarra

0

Bisbarra, 8 de xuño do 2022 – As queixas polo transporte son cada vez maiores e lembran o título dunha vella serie de televisión “os problemas crecen”.

Cando os nenos non se quedan sin ir ao colexio son os veciños dunha parroquia os que teñen que protestar para ter o mesmo que antes do novo plan de transporte interurbano posto en marcha hai uns meses. Esta última semana foron varias as queixas que engadir a un panorama desolador.

Mesa de transporte na Baña

Foi a mediados de maio cando máis de cen escolares quedaron nas paradas na zona da Baña porque o autobús non chegou. Pese as queixas o pasado día dous os cativos volveron a chegar tarde a clase por un retraso no transporte.

Ante unha situación que se repite, e que ninguén parece garantir que non volva a pasar, o grupo socialista no concello presentou por rexistro unha petición para que se cre unha mesa de traballo que busque solucións.

Na petición piden ademais unha reunión urxente na que participen representantes dos partidos políticos que forman a corporación; unha representación das familias usuarias do servizo; unha representación do CPI, xa sexa a través da dirección ou do consello escolar; unha representación da Anpa; un representante da Consellería de Mobilidade, e a empresa Monbus.

Non sabemos si se conseguirá esa reunión pero o evidente e que se coñecerían as razóns dos problemas nos casos xa sucedidos.

Uber no canto do autobús

Tamén o grupo socialista, en este caso de Teo, está recollendo nos últimos días queixas polos retrasos no transporte escolar. Nunha nota de prensa explican que destaca o caso do IES de Cacheiras, na liña de Lampai, “que incluso é suplido co envío de Uber, o que xa, a todas luces, é Inxustificable”

O pasado sábado a ex concelleira de educación Mayte Argibay acudiu a unha xuntanza de concelleiros e responsables de educación da comarca de Santiago, na que puxeron en común temas importantes no eido educativo dos Concellos entre os que se atopa o transporte.

Uxía Lemus, portavoz socialista, indica que “seguimos a recoller as queixas dos pais e nais teenses sobre este transporte, a fin de que as nosas iniciativas sexan o máis completas posibles, porque resultan indignantes tanto o incumprimento da empresa Monbús como o desleixo da Xunta do PP nas súas funcións de xestión, control e sanción”.

Eramos poucos…

Si o plan de transporte deseñado pola Xunta non acaba de funcionar o presentado polo Goberno Central no convence. Alcaldes e representantes de seis concellos das comarcas de Melide, Arzúa e a Ulloa xuntáronse para dar unha resposta común ao impacto que a nova normativa terá sobre o transporte público.

Na reunión estiveron presentes o alcalde de Melide, José Manuel Pérez, os rexedores de Palas de Rei (Pablo Taboada), Santiso (Manuel Adán), Arzúa (José Luis García) e Toques (José Ángel Penas), así como o tenente de alcalde do Concello de Monterroso (Luis Mariño).

Estes concellos reúnen a 24.000 veciños das provincias de Coruña e Lugo. O anteproxecto de lei de mobilidade sostible pechou as aportacións o pasado mes de abril pero os alcaldes consideran que o goberno  “aínda están a tempo de escoitar esta demanda social”.

Na xuntanza os alcaldes expuxeron a precaria situación na que o Anteproxecto deixaría a ligazón por transporte público dos pequenos concellos coas cidades galegas. Esta situación afectará a estudantes que cursen os seus estudos nestes grandes núcleos, pero tamén a todas aquelas persoas que deban desprazarse a unha capital provincial ou outra cidade por trámites administrativos ou doutro tipo, así como consultas con especialistas médicos.

Os representantes dos concellos afectados salientan que o anteproxecto deixa moi desprotexidas ás persoas de máis idade dos nosos concellos, que representa un importante sector poboacional, pero tamén afecta negativamente ás persoas máis novas, desincentivando os proxectos vitais ligados ao medio rural e ás pequenas vilas, ademais da demanda de transporte público que xera a localización de varios concellos no Camiño de Santiago.

O resumo é que si os problemas do transporte xa son preocupantes, unha guerra entre administracións non é o mellor xeito de solucionalos. A dispersión da poboación en Galicia require solucións específicas, posiblemente a nivel comarcal incluso. Unha lei nacional ou unha mala autonómica non fan outra cousa que baleirar aínda máis o rural.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies