Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Touro
  • Xeral

Touro oculto, un patrimonio por descubrir

touro xornada patrimonio slide 7 novembro 2025

O concello de Touro organiza unha xornada encamiñada a por en valor, e descubrir, moito do patrimonio que atesoura este municipio.


Moitos concellos galegos, como o de Touro, teñen unha cantidade, difícil de calcular, de patrimonio pouco coñecido. Restos de distintas épocas que poñer en valor e dar a coñecer; moitas veces aos propios veciños e, en todas, ao resto da `poboación.

“Touro oculto, un patrimonio por descubrir” é unha actividade que ten precisamente ese obxectivo. Organizada polo concello, trátase dunha xornada na que está convidada toda a veciñanza, e os posibles visitantes, o vindeiro día 22.

Durante a mañá, entre as 9:15 e as 14:00 horas, un autobús do Concello levará ás persoas participantes por un itinerario que percorrerá diferentes localizacións de interese histórico, arquitectónico e cultural, algunhas delas non accesibles ao público fóra desta xornada especial.

Entre as paradas previstas inclúense pazos, construcións tradicionais e enclaves rurais de grande valor patrimonial, así como a visita excepcional ao pazo que serviu de escenario á  serie de Netflix do momento “Animal”.

A actividade é totalmente gratuíta, mais require inscrición previa ata o 19 de novembro. As prazas son limitadas e cubriranse por orde de solicitude.

As inscricións poden realizarse a través do correo electrónico turismo@concellodetouro.gal ou mediante o código QR dispoñible no cartel informativo. O punto de encontro será a Casa do Concello de Touro, desde onde partirá o bus ás 9:15 horas.

Con esta proposta, o Concello de Touro continúa a súa aposta pola valorización do patrimonio local e o turismo sostible, ofrecendo unha oportunidade única para descubrir os tesouros ocultos que agroman en cada recuncho do municipio.

Post navigation

Previous: Rompen os vidros da pista de pádel do Milladoiro, en Ames
Next: Arzúa asume a presidencia da Mancomunidade de Municipios Galegos do Camiño Francés

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.