Bisbarra, 6 de outubro do 2023 – O concello de Touro organiza un ano máis as súas xornadas micolóxicas o vindeiro 21 de outubro con 40 prazas dispoñibles.
Serán as decimo cuartas xornadas e teñen un custo de cinco euros. A data límite para anotarse é o vindeiro día 18 e as inscricións poden realizarse no departamento de cultura do concello o no teléfono 981504029.
A xornada comezará as dez menos cuarto da maña ao lado da igrexa en Fonte Díaz. Desde alí sairase ao monte desenvolvendo un roteiro que durará ata as 13.30 horas. Xa pola tarde, entre as cinco e as seis e media, exposición e explicación de todo o colleitado pola mañá.
Logo terá lugar unha charla que leva por título “Algúns cogomelos comestibles” que pora punto e final á decimo cuarta xornada micolóxica do concello de Touro.