Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Touro
  • Xeral

Pleno extraordinario en Touro que repite o do 9 de novembro do 2023

Concello de Touro DSC_0131 slide_r
concello de Touro

Touro segue, polo que se ve, eliminando a distopía dos últimos meses e tras dar pasos para reiniciar a loita contra a mina agora revivirá o pleno do 9 de novembro no que asignou soldo ao alcalde grazas á expulsión do voceiro do PP.

Desde que o Movemento Veciñal de Touro chegara á alcaldía, grazas ao apoio do Partido Galeguista e o BNG,  as relacións coa oposición e con membros do seu grupo foron deteriorándose.

En novembro do 2023 chega a pleno a asignación do soldo de Roberto Castro como rexedor. Algo que non estaba garantido cos votos do equipo de goberno. O PP, que xa tivera a mesma discusión en plenos anteriores, queixase dos sitios que se lles asignan e o voceiros, Jesús Reboredo, négase a acatar a distribución.

Momento no que, na sesión do 2023, Jesús Reboredo foi expulsado (Imaxe PP Touro)

O debate deriva nunha á orde por parte do alcalde, Roberto Castro, que acaba por expulsar ao voceiro popular. A negativa a irse fai que o rexedor chame á Garda Civil que o acaba retirando do pleno.

Esta expulsión propicia un empate a 5 nas votacións de asignación do soldo, empate que dirime o voto de calidade do alcalde. O actual alcalde, Jesús Reboredo, presentou un recurso contencioso administrativo que rematou cunha sentencia que anulaba o pleno e obrigaba a repetilo.

A sentencia indica que o Roberto Castro, en aquel momento alcalde, non realizou unha segunda chamada á orde advertindo de unha terceira significaría expulsión, algo obrigatorio. Tampouco, di a sentencia, a actitude do voceiro popular Jesús Reboredo, afectase á orde da sesión. Por estes motivos a sentencia obriga á repetición de aquel pleno e anula tódalas decisións tomadas aquel día.

Hoxe celebrase ese pleno extraordinario que substituirá ao de novembro do 2023. Queda por saber que sucederá co soldo xa cobrado polo ex alcalde Roberto Castro. Se por un lado tería que devolvelo outras opinións explican que o traballo como alcalde foi realizado e polo tanto ten dereito ao soldo. UN novo capitulo que se verá nos vindeiros meses.

Post navigation

Previous: Teo aproba un orzamento municipal de 22,15 millóns de euros para 2026
Next: A Deputación e Cámara de Comercio colaboran no programa Provincia Emprendedora

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.