Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Touro
  • Xeral

Touro solicita que se recoñeza á veciñanza como parte interesada no proceso da Mina

O Alcalde de Touro ven de dirixir unha carta á Xunta de Galicia na que pide que se reforce a transparencia en todo o relativo á Mina

Concello de Touro DSC_0131 slide_r

O goberno de Touro parece seguir os pasos avanzados como argumentos para a presentación da moción de censura. Despois de contratar a unha reputada avogada para contar cun asesoramento xurídico profesional agora piden a participación da veciñanza nos distintos procedementos.

O alcalde de Touro, Jesús José Reboredo, ven de remitir unha carta á Secretaría de Industria e desenvolvemento enerxético pedindo que a participación da veciñanza como parte interesada nos trámites relativos ao novo proxecto mineiro se faga “de oficio e se recoñeza á veciñanza residente como parte interesada no procedemento”.

Esta petición deriva da imposición da Xunta de acreditarse individualmente como persoa afectada para poder ter acceso a todos os procedementos relativos á Mina. Na carta Reboredo lembra que non debería ser preciso que a veciñanza tivera que demostrar a titularidade das terras nin os prexuízos que o proxecto pode causar “cando é evidente a súa vinculación co ámbito territorial”.

Na carta o goberno de Touro indica ademais que a petición faise con ánimo de “reforzar a transparencia, a seguridade xurídica e a confianza da cidadanía nas institucións, así como asegurar que o proxecto se desenvolva coa máxima participación”.

Post navigation

Previous: Iluminando as fochancas
Next: As folgas no transporte complican a educación

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.